Datos Identificativos | 2014/15 | |||||||||||||
Asignatura | Lingüística Xeral | Código | 613G01004 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición | Cualificación |
Obradoiro | Comprende todas as actividades desenvolvidas na aula nas que se terá en conta a asistencia, participación e desempeño do estudante ao longo do curso | 10 |
Proba mixta | Proba escrita que o estudante realizará nas datas oficiais marcadas polo centro ao rematar o/s cuadrimestre/s | 45 |
Traballos tutelados | O estudante deberá realizar TRES actividades a longo do curso | 45 |
Observacións avaliación | ||
Observacións: 1. A CUALIFICACIÓN FINAL de xaneiro responderá ao seguinte reparto porcentual: 1.1. Un 45% obterase pola PROBA MIXTA ESCRITA. No mes de novembro celebrarase unha proba parcial escrita liberatoria da materia: quen a supere, non deberá examinarse deses contidos no exame oficial de xaneiro. 1.2. Un 45% obterase da realización de TRES ACTIVIDADES (individuais ou grupais) ao longo do curso, que serán entregadas obrigadamente en formato electrónico e en papel. As actividades deben entregarse nas datas fixadas. 1.3. Un 10% responderá á ASISTENCIA, PARTICIPACIÓN E DESEMPEÑO do estudante ao longo do curso. 1.4.Os alumnos repetidores que non asistan ás aulas ou os que teñen unha dispensa académica oficial, recibirán un 50% da súa cualificación pola realización da PROBA MIXTA ESCRITA, e outro 50% pola realización das tres ACTIVIDADES (individuais ou grupais) avaliables. Os alumnos repetidores que non asistan ás aulas deberán comunicarllo ao profesorado da materia durante a primeira semana de clase. De non facelo así, aplicaráselles o mesmo reparto porcentual que aos de primeira matrícula (45%+45%+10%). 2. SEGUNDA OPORTUNIDADE DE XULLO: 2.1. Repetición do exame no día oficial (ver datas definitivas na web da Facultade ou no taboleiro oficial). 2.2. Realización da/s actividade/s suspensas (poden ser diferentes ás realizadas en xaneiro, aínda que co mesmo formato). 2.3. Aos estudantes que non superen a materia en xaneiro e teñan unha puntuación inferior a 5.00 puntos no apartado de asistencia e participación, cualificaráselles co seguinte reparto porcentual na 2ª oportunidade de xullo: (i) proba mixta escrita, 50%; (ii) actividades ou tarefas avaliables, 50%. 3. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO. Recibirán cualificación de Non Presentado (N.P.) só aquelas persoas que: (a) non se presenten a ningunha das probas mixtas escritas e que, ademais, (b) entreguen menos de dúas actividades avaliables. |