Sesión maxistral |
A participación nas aulas maxistrais e a entrega de exercicios curtos prantexados de una clase para a seguinte |
10 |
Proba mixta |
Proba escrita na que deben ser demostrados os coñecementos e as competencias adquiridos |
50 |
PRIMEIRA OPORTUNIDADE A primeira oportunidade será avaliada do seguinte xeito: - O 50% da nota global da materia corresponderá a unha proba escrita teórica sobre os coñecementos e competencias adquiridos ao longo do curso. Será precisa unha NOTA MÍNIMA de 2 (sobre 5) nesta proba escrita para superar a materia. Non sendo así, a notá máxima global da materia non será superior a un 4,9.
- O 20% da nota global da materia corresponderá a dous traballos tutelados que deberán ser desenvolvidos ao longo do curso, utilizando os recursos da aula informática. O enunciado dos traballos será publicado no campus virtual da UDC.
- O 20% da nota global da materia corresponderá ao desenvolvemento das prácticas na aula de informática ao longo do curso. Cada semana será proposta unha nova actividade para resolver durante a hora correspondente ao grupo mediano. A cualificación final neste apartado virá dada polo número de actividades realizadas e a súa corrección.
- Finalmente outro 10% da nota corresponderá á participación nas aulas de teoría e a resolución e entrega dos exercicios curtos que se propoñan na mesma nos diferentes temas.
OBSERVACIÓNS: - Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice a proba escrita teórica.
SEGUNDA OPORTUNIDADE Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade A segunda oportunidade constará de tres partes: - Proba escrita teórica (50% da nota final), para recuperar a nota da proba teórica da primeira oportunidade. Será precisa unha NOTA MÍNIMA de 2 (sobre 5) nesta proba escrita para superar a materia. Non sendo así, a notá máxima global que se poderá alcanzar na materia non será superior a un 4,9.
- Proba escrita práctica (30% da nota final), para recuperar a nota das actividades prácticas dos grupos medianos.
- Dous traballos prácticos (20% da nota final) para recuperar a nota dos traballos tutelados. Estes traballos poderán ser, a criterio dos docentes, os mesmos da primeira oportunidade ou outros de similar dificultade. O enunciado dos traballos será publicado no Moodle da UDC logo de publicarse as cualificacións definitivas da primeira oportunidade.
OBSERVACIÓNS: - Cada estudante poderá escoller se opta a recuperar unha, dúas ou as tres partes.
- Se un/unha estudante decide non realizar a recuperación de algunha das tres partes, conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa parte.
- Os/as estudantes con nota inferior a 2 na proba escrita teórica na primeira oportunidade deberán recuperar esa parte na segunda oportunidade para aprobar a materia.
- Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non opte á recuperación de ningunha das tres partes
DISPENSA ACADÉMICA Aqueles/as estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases poderán, en primeira oportunidade demostrar o seu desenvolvemento no manexo das ferramentas usadas nos grupos medianos mediante un exame práctico que valerá o 30% da nota e entregar os dous traballos tutelados. Para a segunda oportunidade examinaranse como o resto do alumnado.
|