Metodoloxías Descrición Cualificación
Lecturas Lecturas obrigatorias que serán a base para as sesións maxistrais e os obradoiros do curso. Cada cuadrimestre realizarase un control destas lecturas. 20
Aprendizaxe colaborativa Terase en conta a asistencia e a participación de cada estudante nas aulas, con controis onde se poña de manifesto o seu interese e a súa evolución. 10
Proba obxectiva Nas datas oficiais realizaranse as probas obxectivas (exames) pertinentes. 50
Obradoiro Cada cuadrimestre elaborarase nas aulas unha proba consistente no comentario literario dun texto seleccionado polos profesores, como control do aprendido neste campo. 20
 
Observacións avaliación

Por esixencias do deseño desta aplicación, as
anteriores porcentaxes son orientativas. A cualificación final responderá ao
seguinte reparto porcentual:

1. O 50% da cualificación final obterase polas
probas escritas (exames) que cada estudante realizará ao finalizar o curso, nas convocatorias oficiais de xuño e de xullo. En
todo caso, para aprobar unha materia deberase
obter unha puntuación mínima de 4 sobre 10 nesta proba escrita que, como se ve,
en ningún caso suporá o 100% da nota final. (Por exemplo, un 3 no exame
non se compensaría cunha suma de 7 por actividades e por asistencia e
participación.) Os exames realizaranse en data, hora e lugar establecidos polos
horarios oficiais do centro.

2. O 40% obterase pola realización de
actividades durante o curso. Un 20% corresponderá a dous comentarios de texto,
feitos por escrito, nas aulas, á fin de cada cuadrimestre. O outro 20% será
para dous controis de lectura feitos de modo semellante ao anterior, por
escrito, nas aulas, tamén á fin de cuadrimestre.

3. O 10% restante corresponde á asistencia,
participación e desempeño de cada estudante no decorrer do curso. Observaranse
o seu aproveitamento e evolución, a súa dinámica na aula e todo aquilo que
implica aprendizaxe colaborativa e traballo en grupo.

4. A cualificación final en cada unha das dúas
oportunidades (xuño e xullo) será froito dunha avaliación semellante, mediante
un exame e probas obxectivas para as actividades desenvolvidas no curso, xunto
ao control de asistencia e de participación.

5. Con independencia do anterior, á final de ano ou en coincidencia coas convocatorias oficiais de exames, en xaneiro, haberá un exame opcional que permitirá liberar materia dos catro primeiros meses para a convocatoria oficial de xuño.

6. A convocatoria oficial de exame, tanto en
xuño como en xullo, significa a necesidade ineludible da súa realización para
obter cualificación e, por tanto, no caso de xullo, será independente de
calquera exame anterior. No caso das actividades, polo contrario, a súa
avaliación positiva será gardada para a cualificación da segunda convocatoria,
a de xullo. En caso de estar suspensas ou non realizadas, efectuaranse entón as
probas pertinentes.

7. O alumnado a tempo parcial ou con dispensa
académica recoñecida, deberá comunicar por escrito ao profesorado a súa
situación, coa certificación correspondente, en canto comece o curso ou sexa
efectiva a matrícula. En cada caso estudaranse as actividades que se determinen.

8. As probas escritas e as actividades deben
cumprir unhas esixencias mínimas de corrección lingüística (acentuación,
ortografía correcta, puntuación, concordancia sintáctica, inexistencia de
reiteracións, precisión léxica, ausencia de abreviaturas, rexistro formal). As
deficiencias na ortografía e na redacción serán penalizadas na cualificación
con medio punto por falta.

9. No caso de estudantes de lingua estranxeira,
será indispensable un dominio razoable da lingua española, tanto en expresión
oral como escrita, equivalente en todo caso ao nivel B2.

10. O alumnado será avaliado e cualificado
sempre que acuda ao exame. Por tanto, recibirán cualificación de Non Presentado
(N. P.) aquelas persoas non presentadas a ningunha proba oficial escrita.