Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta O exame consistirá nuhna parte de tradución ao inglés (20%), unha de tradución ao galego (10%), e unha de tradución ao español (10%). Deberase acadar unha cualificación mínima de 4 sobre 10 en cada unha destas partes para aprobar o exame. Ademais haberá unha parte teórica opcional equivalente a un 10% sobre a nota media do curso. 50
Traballos tutelados Este 50% completarase entre as tres partes da asignatura (English: 25%, galego: 12.5% e español 12.5%).

O 25% correspondente a inglés consistirá en:

1. Unha tradución individual do inglés ao español (10%)
2. Unha tradución en grupo (de 4 a 6 persoas) do español ao inglés (10%)
3. Este traballo en grupo terá que ser exposto oralmente na aula (5%)

O 12.5% correspondente á tradución no ámbito do galego consistirá en:

1. Unha recensión. A profesora ofrecerá nas aulas as indicacións necesarias para a súa realización.

O 12.5% correspondente a español consistirá en:

1. Traducións e exercicios que se realizarán nas aulas.

_________________________________


Cada profesor informará debidamente deste apartado da avaliación ao inicio da súa parte da asignatura.
50
 
Observacións avaliación

-Todos os traballos e actividades deberán ser entregados en tempo e forma.

-Calquera falta á honorabilidade académica (e.g. plaxio, copia) suporá a descalificación automática das actividades.

-Tanto a asistencia como a participación significativa na aula será valorada polo profesorado. 

-Na oportunidade de xullo realizarase a proba mixta, correspondente ao 50% da cualificación. Tamén se deberán entregar os traballos tutelados correspondentes (50%).

- Na oportunidade de xullo recuperaranse as traducións e exercicios da parte de español non superadas mediante actividades equivalentes que se ofertarán a través da plataforma Moodle.

-Os/As alumnos/as que non se presenten á proba mixta de xuño ou xullo acadarán a cualificación de NP, se non entregaron máis do 50% das actividades durante o curso.

-Os/as estudantes matriculados/as a tempo parcial que teñan concedida a dispensa académica deberán poñerse en contacto cos profesores o antes posible para determinar as formas de avaliación en cada parte. 

-O alumnado con discapacidade poderá pedir asesoramento ao profesorado e á Unidade de Atención á Diversidade (ADI): www.udc.es/cufie/uadi (ext. 5622; email: adi@udc.es).