Metodoloxías Descrición Cualificación
Sesión maxistral (GRUPOS GRANDES con coordinadora): As clases consistirán en leccións teóricas, debates de estudantes e práctica de estudantes sobre fala, escritura e gramática. Antes dos debates, os/ás estudantes terán que ler NOTICIAS (ou ver VÍDEOS) que colgarei en Moodle. Os/ás estudantes DEBATERÁN sobre estas noticias/vídeos; despois, organizaranse en grupos e ESCRIBIRÁN as súas opinións nun ensaio argumentativo. Para ser coherente coas vosas presentacións orais en grupo (ver abaixo), introducirei un DATO DIVERTIDO in cada clase.

10
Obradoiro (GRUPOS MEDIANOS E PEQUENOS con lector): En parte dos grupos medianos e en todos os os talleres, practicaredes as vosas habilidades para falar, escoitar e traballar coa gramática. Prestarase especial atención a como realizar CV e entrevistas de traballo. En ocasións, teredes que facer deberes baseados en material que estará en MOODLE.
10
Traballos tutelados Teredes que facer dúas tarefas:
(1) un CV (para o lector) e
(2) unha lista de Obras Citadas en estilo MLA (para a coordinadora).

En clase darémosvos as pautas para escribir tanto o CV como a lista de Obras Citadas. En canto á última, debe ter un TEMA elixido polo/a estudante e proporcionar un listado estilo MLA de:

-un libro, un capítulo de libro, un artigo de JSTOR, unha páxina web e unha fonte electrónica extra (e.g. entrevista en YouTube) SOBRE O TEMA ELIXIDO
10
Presentación oral Os/as estudantes deberían facer un PROXECTO entre 5 e 10 persoas; o proxecto consistirá en inventar un PRODUTO ou MÉTODO para incentivar o sentido do HUMOR e/ou o ENTUSIASMO das persoas. Mentres se fala, os/as estudantes terán prohibido ler de calquera tipo de notas. Teredes que gravar e subir o VÍDEO do proxecto e mandalo o GUIÓN (en formatos Word e PDF) á coordinadora por correo electrónico nunha data por fixar; o resto das directrices explicaranse en clase.
10
Proba mixta As partes do exame organizaranse como segue:

-LECTURA (con coordinadora): Esta parte consiste nunha proba de comprensión lectora das LECTURAS OBRIGATORIAS LONGAS, que estarán en MOODLE, e que son distintas dos relatos breves tratados nos seminarios. As devanditas LECTURAS LONGAS serán explicadas na sesión de grupo grande o último día de clase. DATA DO EXAME: 28 de maio

-ESCRITURA (con coordinadora): Teredes que escribir un ensaio argumentativo sobre un tema relevante fixado pola profesora; o devandito ensaio poñerá a proba as vosas habilidades tanto coa gramática coma coa escritura tipo MLA. Así pois, o ensaio debe ter: título, introdución (hipó)tesis, corpo e conclusión. DATA DO EXAME: 28 de maio

-PROBA AUDITIVA (con lector): Test de elección múltiple sobre unha gravación dunha entrevista de traballo. DATA DO EXAME:
aprox. a principios de maio (anunciaranse os detalles no seu momento)

-EXAME ORAL (con lector): Entrevista de traballo. DATA DO EXAME: aprox. a principios de xuño (detalles por anunciar)
50
Seminario (GRUPOS MEDIANOS coa coordinadora): En parte destes grupos, faremos exercicios de comprensión lectora de RELATOS breves que estarán colgados en MOODLE. Os/ás estudantes deben LER estes textos breves por adiantado, como tamén preparar os EXERCICIOS deMoodle que serán corrixidos en clase.
10
 
Observacións avaliación

- Para poder superar a materia, hai que sacar polo
menos un 4 (sobre 10) en dúas partes descritas no cadro
de avaliación--que son TRABALLOS TUTELADOS e EXAMES--e
polo menos un 5 (sobre 10) na NOTA FINAL.

-Os/as estudantes repetidores/as que
queiran realizar as tarefas non obrigatorias (e.g. participación en
clase) e non poidan asistir a clase por incompatibilidade horaria deberán
poñerse en contacto comigo ao comezo do cuadrimestre. Entón, asignareilles
outras actividades con que suplir as devanditas tarefas non obrigatorias.



- As datas de entrega dos traballos tutelados e
do resto das actividades anunciarase a comezos do semestre en clase e na
plataforma Moodle.

- Os traballos deben entregarse en tempo e
forma. Só aceptaranse entregas con atraso única e exclusivamente se hai unha
causa debidamente xustificada (p. ex. cun xustificante médico).

- Os traballos que mostren signos de plaxio
serán cualificados cun 0.

- Valorarase o traballo voluntario extra dos/as
alumnos/as, que pode ser de tres formas: (1) escribir un ou dous ENSAIOS
ARGUMENTATIVOS de modo individual para a coordinadora (240/250 palabras), (2)
escribir un único ENSAIO DE INVESTIGACIÓN de modo individual para a
coordinadora (450/500 palabras), (3) participar en solitario ou en grupo nun ESPECTÁCULO que se celebrará no mes de
maio coa coordinadora e/ou o lector (entre 1 e 10 minutos por persoa e/ou grupo)-los detalles serán anunciados máis
adiante. O devandito traballo voluntario extra poderá valer ata un 10% que será
engadido sobre a nota final.

- En caso de folga de profesores/ás en días de
clase, se fose necesario, os/as docentes dotarán aos/ás estudantes de material
didáctico a través de Moodle. En caso de folga de alumnos/as, os/as docentes
poderían pedilos aos/ás estudantes a entrega de exercicios con que substituír o
traballo dese/vos día/s.

- Xa sexa na primeira ou a segunda oportunidade,
os/as estudantes que non vingan ao exame serán cualificados/ás como Non presentados/ás.

- Para a oportunidade de XULLO, ademais das
partes do exame (50%) e os traballos tutelados (10%), os/as estudantes poderán
facer as tarefas non obrigatorias da seguinte forma: (sesión maxistral: 10%)
resumos do material ofrecido nas clases teóricas e redacción de ensaios fixados
pola profesora; (seminario: 10%) exercicios de lectura similares aos realizados
en clase; unha presentación oral individual (10%); e exercicios equivalentes
aos efectuados no taller (10%). Chegado o momento, anunciarei os detalles en Moodle.

- Aqueles/ás alumnos/ás que se matriculasen
oficialmente a tempo parcial e teñan concedida a DISPENSA académica, como
establece a normativa desta Universidade, serán avaliados/as en xuño o xullo seguindo
os mesmos criterios estipulados na oportunidade de xullo.