Proba mixta |
En cada unha das oportunidades (final de cuadrimestre e xullo), realizarase nas datas oficiais unha proba mixta de carácter teórico-práctico na que se plantexarán varias preguntas centradas na análise de diversos aspectos relacionados coas obras de lectura e nas que o estudante ha aplicar os coñecementos teóricos adquiridos ao tempo que demostra que leu os textos.
|
50 |
Só se aceptarán traballos e actividades que se entreguen nas datas
establecidas, en soporte de papel e seguindo as normas para a entrega de
traballos escritos que se precisarán en cada caso. Non se poderá aprobar
a materia sen ter unha cualificación mínima de 5 sobre 10 na proba
mixta. Na segunda oportunidade (xullo), o alumno realizará a proba mixta,
que contará o 50% da nota, e o traballo tutelado, ao que se asigna
en xullo o 50% restante da avaliación e que entregará na mesma data fixada oficialmente para o día do exame. MOI IMPORTANTE: O alumno será avaliado
e calificado sempre que acuda ao exame; recibirá a cualificación de
"NON PRESENTADO" cando non acuda. O alumno con dispensa de asitencia a
clase recoñecida poderá ter asistencia personalizada para
a realización das diversas actividades durante o curso.
|