Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados O traballo tratará dun tema á proposta do estudante e previamente acordado en titoría coa profesora. Terá unha extensión de 10 de páxinas a 1.5 espazo internliñal. Os criterios de avaliación serán: correcta estruturación do discurso (demostración e razoamiento); corrección léxica, ortográfica e gramatical, así como a correcta presentación. 30
Proba mixta Consistirá nunha proba teórica e práctica que medirá o aproveitamento da materia por parte do estudante. Os criterios de avaliación serán: adecuación da resposta á pregunta formulada, estrutiuración do discurso, corrección léxica, ortográfica e gramatical.
Para superar a materia, a calificación mínima desta proba deberá ser de 4 puntos sobre 10.
50
Aprendizaxe colaborativa Nestas sesións o estudante deberá demostrar coa súa participación activa que ten traballado os materiais previamente sinalidos pola profesora. Deberán realizarse dous comentarios de textos literarios de poesía por escrito. Os comentarios realizaranse na sesión de Grupo mediano previamente sinalida pola profesora. Un comentario será de poesía do XVI e outro de poesía do XVII. Cada comentario representará un 10% deste exercicio. 20
 
Observacións avaliación

Non haberá control
de lecturas, xa que a súa realización é 
imprescindible para a adquisición dos contenidos teóricos e prácticos;
así como para as aplicación metodolóxicas da materia. 

Os traballos encomendados
ao estudante: dous comentarios literarios e un trabalollo de curso titorizado. Os
comentarios realizaranse en clase na data indicada con antelación pola
profesora. 

O traballo titorizado entregarase o día indicado pola profesora con antelación suficiente respecto do exame da proba mixta, fixado
pola Facultade. Calquera indicio de copia ou de plaxio da totalidade ou de
parte de traballos alleos, especialmente dos que figuran en internet, conlevará
a cualificación de cero. 

Aqueles alumnos que non superen a materia na convocatoria
de xaneiro, terán que reelaborar na segunda oportunidade de xullo as
actividades cuxos resultados teñan sido insatisfactorios. Manteranse as calificacións
das actividades non reelaboradas. As porcentajes das actividades seguirán a ser
as arriba indicadas. Os alumnos que non teñan realizado as actividades ou non
se teñan presentado á proba mixta en xaneiro, presentaranse na segunda
oportunidade de xullo consonte ao sistema de avaliación seguinte: proba mixta
(50%); 2 comentarios poesía (20%); 1 traballo (30%). Serán calificados en xaneiro
con Non Presentado (N.P.) só aqueles estudantes que non se presenten á proba
mixta e non realicen o traballo titorizado. 

O alumnos aos que se lles teña
concedida a dispensa académica terán que realizar as mesmas actividades que o
restante dos da aula (dous comentarios, un traballo titorizado e unha proba
mixta), xa que non se reserva ningunha porcentaxe da avaliación á asistencia e
participación na aula. ­­­­