Metodoloxías Descrición Cualificación
Portafolios do alumno O alumno entregará todas as actividades ralizadas ao longo do curso. Valorarase, ademáis da calidade do traballo, o rigor na presentación, a probidade científica e a presentación. 40
Sesión maxistral Valorarase a asistencia e participación activa nas aulas, así como a realización dalgún traballo menor. 10
Proba mixta Realizarase unha proba mixta de carácter teórico-práctico na que se avaliarán os coñecementos adquiridos e a súa capacidade para expoñelos. 50
 
Observacións avaliación
Debe terse en conta que a porcentaxe de 10% correspondente á sesión maxistral engloba, en realidade, a valoración da asistencia e participación activa do alumno tanto nas actividades presenciais na aula como nos eventos científicos que se programen. Os diversos traballos e actividades deben ofrecer un axeitado nivel de corrección lingüística, tanto no plano da ortografía como no da redacción (utilización dun rexistro formal, claridade expositiva, emprego correcto da puntuación...).
Calificaráse con "Non presentado" aos alumnos que non realicen a proba ou que non teñan presentado o 50% das actividades que deben realizar dentro ou fora do aula. Na proba mixta debe acadarse unha nota mínima de 4 para superar a materia. Arbitraránse medidas para atender e avaliar aos alumnos con dispensa académica recoñecida.
Na convocatoria de xullo realizaráse unha proba mixta e o alumno haberá de completar aqueles outros apartados (traballo, portafolio, etc.) nos que non tivese acadado previamente o nivel requerido.