Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Exercizos orais ou escritos de comprensión e interpretación das lecturas obrigatorias feitas previamente (en horas no presenciais). As lecturas serán fundamentalmente textos literarios breves (relatos, poemas ou extractos de libros) e máis algún artigo sinxelo. Na medida do posible, se proporcionará acceso a edicións bilingües ou traduccións para facilitar a análise dos textos orixinais (en lingua inglesa).
Discusión dirixida Técnica de dinámica de grupos na que as/os estudantes debaten sobre un tema, xeralmente moderado pola profesora, quen tamén propón interrogantes e distintas opinións sobre o devandito tema.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Proba mixta Proba escrita ou oral na que se busca responder a preguntas cortas ou de certa amplitude, valorando a capacidade de razoamento (argumentar, relacionar, etc.), creatividade e espírito crítico. Permite medir as habilidades que non poden avaliarse con probas obxectivas como a capacidade de crítica, de síntese, de comparación, de elaboración e de orixinalidade do estudante; polo que implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
Traballos tutelados Ver aptdo. "Avaliación/Evaluación/Assessment"...
Presentación oral Ver aptdo. "Avaliación/Evaluación/Assessment"...
Eventos científicos e/ou divulgativos Actividades realizadas polo alumnado que implica a participación en en congresos, simposios seminarios ou conferencias co obxectivo de profundar no coñecemento de temas de estudo relacionados coa materia e actualizar os devanditos coñecementos. Ao remate do evento científico-divulgativo haberá que elaborar un resumo ou recensión desta actividade.