Estudo, a través dos textos, da produción literaria galega do século XX á actualidade.
No actual curso académico, a selección de textos ten como fío condutor o medievalismo na literatura galega do século XX: a (re)creación de tradicións literarias (singularmente, a materia de Bretaña), a creación de mitos nacionais a partir de personaxes históricas, a deconstrución deses mesmos mitos, a representación da Idade Media e a súa historización a través dos textos literarios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías