Metodoloxías Descrición Cualificación
Lecturas As lecturas obrigatorias deben realizarse para poder participar de forma efectiva no seminario e levar a cabo a presentación oral. A porcentaxe de avaliación de cada unha destas metodoloxías inclúe a correspondente á realización das lecturas. 0
Seminario A profesora poderá solicitar a cada estudante a entrega por escrito das conclusións do seminario. 20
Sesión maxistral Realizarase unha única proba escrita sobre os temas tratados na aula. 35
Análise de fontes documentais A profesora porá a disposición do alumnado os materiais obxecto de análise. O alumnado deberá ler e analizar estes materiais e participar na exposición das súas conclusións na aula. 10
Presentación oral O/a estudante exporá na aula, durante un mínimo de 20 minutos e un máximo de 1 hora, as súas conclusións sobre un asunto que escollerá de entre os tratados na materia. A exposición será necesariamente oral, aínda que poderá ser completada coa utilización de material audiovisual de apoio. 35
 
Observacións avaliación

A avaliación terá en conta o exposto nos apartados anteriores: participación do alumnado na análise de fontes documentais (10 %), a entrega das conclusións por escrito do seminario (20%), a presentación oral (35%), a proba escrita (35%). Para poder levar a cabo con éxito estas tarefas, o/a estudante deberá realizar necesariamente as lecturas indicadas pola profesora.

Quen non supere a materia no mes de xuño, terá unha segunda oportunidade para facelo no mes de xullo. Nesta segunda oportunidade, deberánse presentar/realizar as actividades non superadas ou non presentadas anteriormente, de acordo coas indicacións específicas que dará a profesora.

Terá a cualificación de "non presentado" quen non realice a presentación oral ou a proba escrita; ou quen non asista e participe cando menos no 50% das sesións presenciais.

O/a estudante que solicite e obteña dispensa académica terá condicións especiais de avaliación, que substituirán as actividades presenciais por outras equivalentes, tendo en conta a disponibilidade do/a estudante. A fin de programar axeitadamente estas actividades, o/a estudante nesta situación deberá porse en contacto coa profesora antes do inicio das aulas, enviando un correo electrónico a t.lopez@udc.es.