Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral A sesión maxistral contempla a exposición razonada de metodoloxías e contidos, agás da exposición do contexto estético e histórico no que se insire a proposta de cada un dos temas do programa. A sesión maxistral e de carácter teórico e posúe o valor imprescindible de conter os fundamentos das sesións prácticas, que axudan os alumnos ó dominio das competencias da materia; prepara os alumnos para a autoformación, para as sesións de traballo no obradoiro e posteriormente para a proba mixta.
Obradoiro O Obradoiro consta dunha serie de traballos prácticos cos que se persigue o dominio da disciplina mediante a aplicación de formulaciones metodolóxicas prácticas. Os alumnos realizarán comentarios, simulacións, discusións dirixidas, análisis de documentos, exposicións tamén propostas razoaadas de investigacións futuras nun tema e analizarán a viabilidade das mesmas. Articularán ideas que expresarán en situacións comunicativas creadas na aula expresamente.
Actividades iniciais Presentación do contido e avaliación dos coñecementos previos do alumnado, así como avaliación da sua disposición fronte a materia. Valoración das necesidades específicas do alumnado.
Proba mixta A proba mixta consitirá na realización dun ensaio orixinal no que se poderá solicitar que se explique un tema contextual ou estético-literario, que se aplique e se exemplifique mediante o análisis dun fragmento facilitado o alumno e que éste debe recoñecer e explicar.
A proba mixta poderá contemplar tamén un apartado de identificación de obras do programa.