Esta materia ofrece formación teórico-práctica na descrición e uso da lingua inglesa de maneira que se garanta un dominio práctico da mesma a un nivel intermedio-alto. O alumnado debería conseguir consolidar –unha vez que se cubran os contidos da materia– todas as competencias do nivel B1 e unha boa parte das competencias do nivel B2, dentro dos seis niveis que se distiguen no Marco Europeo de Referencia. Estimularase a autonomía do alumnado e a súa capacidade de ser responsable no proceso de ensino-aprendizaxe.
Aínda que non existe ningún prerrequisito oficial, é recomendable que os/as estudantes empecen o curso cun nivel intermedio de inglés (como mínimo un nivel B1 do Marco Europeo).
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías