Traballos tutelados |
Englóbanse nesta categoría todas aquelas actividades individuais ou grupais realizadas na clase ou fóra dela e que se anuncien como puntuables: resumos, análises de texto, revisións, etc. Terán lugar, principalmente, nas clases de T.G.R., polo que todas serán cuidadosamente supervisadas polo profesorado. |
30 |
Obterase una calificación de "non presentado" por non acudir ao exame e/ou por ter completado traballo de curso que represente unha porcentaxe inferior ao 50%. A oportunidade de avaliación en xullo constará de dous apartados: 1) unha proba escrita (co
mesmo deseño e aplicándose idénticos criterios que na oportunidade de xuño) que avaliará o dominio dos contidos impartidos durante o ano e que computará o 50% da nota; 2) as actividades que se especifiquen no seu momento, que se deberán entregar, como moi tarde, no momento do exame final, e que contarán o outro 50% da nota. O alumnado matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha dispensa académica deberá porse en contacto co profesorado da materia a principio de curso para planificar, en cada situación concreta e individual, os axustes necesarios na avaliación, no tocante ás porcentaxes de "Discusión dirixida" e "traballos tutelados". O plaxio en calquera actividade significará a cualificación de "cero" nesta actividade. Todos os traballos e actividades deberán ser entregados en tempo e forma
para así evitar unha penalización do 25% sobre a nota obtida nos
mesmos.
|