Proba obxectiva |
Nas datas oficiais realizaranse as probas obxectivas (exames) pertinentes. |
50 |
Lecturas |
Lecturas obrigatorias que serán a base para as sesións maxistrais e os obradoiros do curso. Cada cuadrimestre realizarase un control destas lecturas. |
20 |
Por esixencias do deseño desta aplicación, as
anteriores porcentaxes son orientativas. A cualificación final responderá ao
seguinte reparto porcentual: - O 50% da cualificación final obterase polas
probas escritas (exames) que cada estudante realizará ao finalizar o curso, nas convocatorias oficiais de xuño e de xullo. En
todo caso, para aprobar unha materia deberase
obter unha puntuación mínima de 4 sobre 10 nesta proba escrita que, como se ve,
en ningún caso suporá o 100% da nota final. (Por exemplo, un 3 no exame
non se compensaría cunha suma de 7 por actividades e por asistencia e
participación.) Os exames realizaranse en data, hora e lugar establecidos polos
horarios oficiais do centro. - O 40% obterase pola realización de
actividades durante o curso. Un 20% corresponderá a dous comentarios de texto,
feitos por escrito, nas aulas, á fin de cada cuadrimestre. O outro 20% será
para dous controis de lectura feitos de modo semellante ao anterior, por
escrito, nas aulas, tamén á fin de cuadrimestre. - O 10% restante corresponde á asistencia,
participación e desempeño de cada estudante no decorrer do curso. Observaranse
o seu aproveitamento e evolución, a súa dinámica na aula e todo aquilo que
implica aprendizaxe colaborativa e traballo en grupo. - A cualificación final en cada unha das dúas
oportunidades (xuño e xullo) será froito dunha avaliación semellante, mediante
un exame e probas obxectivas para as actividades desenvolvidas no curso, xunto
ao control de asistencia e de participación. - Con independencia do anterior, á final de ano ou en coincidencia coas convocatorias oficiais de exames, en xaneiro, haberá un exame opcional que permitirá liberar materia dos catro primeiros meses para a convocatoria oficial de xuño.
- A convocatoria oficial de exame, tanto en
xuño como en xullo, significa a necesidade ineludible da súa realización para
obter cualificación e, por tanto, no caso de xullo, será independente de
calquera exame anterior. No caso das actividades, polo contrario, a súa
avaliación positiva será gardada para a cualificación da segunda convocatoria,
a de xullo. En caso de estar suspensas ou non realizadas, efectuaranse entón as
probas pertinentes. - O alumnado a tempo parcial ou con dispensa
académica recoñecida, deberá comunicar por escrito ao profesorado a súa
situación, coa certificación correspondente, en canto comece o curso ou sexa
efectiva a matrícula. En cada caso estudaranse as actividades que se determinen. - As probas escritas e as actividades deben
cumprir unhas esixencias mínimas de corrección lingüística (acentuación,
ortografía correcta, puntuación, concordancia sintáctica, inexistencia de
reiteracións, precisión léxica, ausencia de abreviaturas, rexistro formal). As
deficiencias na ortografía e na redacción serán penalizadas na cualificación
con medio punto por falta. - No caso de estudantes de lingua estranxeira,
será indispensable un dominio razoable da lingua española, tanto en expresión
oral como escrita, equivalente en todo caso ao nivel B2. - O alumnado será avaliado e cualificado
sempre que acuda ao exame. Por tanto, recibirán cualificación de Non Presentado
(N. P.) aquelas persoas non presentadas a ningunha proba oficial escrita.
|