Metodoloxías

Descrición

Cualificación

Eventos científicos e/ou divulgativos |
Valorarase a participación nestes eventos a través da posta en común das conclusións dos mesmos nas aulas. |
5 |
Sesión maxistral |
A efectos da avaliación, o seguimento das sesións maxistrais comprobarase a través da proba mixta. |
0 |
Lecturas |
A efectos da avaliación, o control das lecturas será realizado na aula, a través da proba mixta, e da recensión. |
0 |
Proba mixta |
Proba escrita que combinará actividades de carácter ensaístico, de análise de fontes, preguntas tipo test... A través da proba mixta, avaliarase o seguimento das sesións maxistrais, a realización das lecturas, etc.
Esta proba poderá realizarse en dúas fases, a primeira no mes de febreiro, a segunda no mes de maio. As datas acordaranse na aula. |
40 |
Análise de fontes documentais |
Lectura, análise e comentario de códices, textos e/ou paratextos (xornalísticos, narrativos, poéticos, dramáticos, públicos, privados, correspondencia...) que, seguindo o modelo das aulas prácticas, o/a estudante realizará ao longo do curso. Requerirase polo menos a presentación de unha actividade destas características. |
10 |
Prácticas a través de TIC |
A realización destas prácticas, a efectos de avaliación, non terá unha valoración independente, pois son necesarias para poder levar a cabo axeitadamente outras actividades avaliábeis. |
0 |
Presentación oral |
A presentación oral do traballo titorizado por cada alumno/a computará separadamente da realización do propio traballo.
Neste apartado valorarase unicamente a exposición oral. |
10 |
Seminario |
Valorarase a asistencia e a participación efectiva nas sesións desenvolvidas en forma de seminario. Eventualmente poderá solicitarse a entrega dalgún tipo de actividade escrita. |
10 |
Recensión bilbiográfica |
Recensión dunha das obras de lectura obrigada, diferenciada para cada estudante, que se acordará previamente entre o alumnado e o profesorado. |
10 |
Traballos tutelados |
Valorarase o traballo realizado segundo as indicacións e o acompañamento do profesorado. A súa exposición oral terá unha valoración independente. |
15 |

Observacións avaliación |

O/a estudante que solicite e obteña dispensa académica terá condicións especiais de avaliación, entre elas a substitución da avaliación da actividade realizada na aula pola entrega da actividade por escrito ou pola realización dunha proba oral, nunha data que se establecerá tendo en conta a disponibilidade do/a estudante.

O alumnado que non superar a materia na primeira oportunidade, terá unha segunda no mes de xullo. Nesta segunda oportunidade, deberánse presentar/realizar as actividades non superadas ou non presentadas anteriormente, de acordo coas indicacións específicas que dará o profesorado.

Para superar a materia, a cualificación mínima da proba escrita deberá ser de 4 puntos sobre 10.

Será considerado NON PRESENTADO/A o alumno ou alumna que non se presente á proba escrita ou que non realice e presente o traballo titorizado.

NOTA EXPLICATIVA

Os apartados que se recollen cunha porcentaxe de 0 na cualificación son avaliados a través doutras actividades, tal e como se explica en cada caso. A valoración de 0 é atribuída por defecto pola aplicación e en ningún caso significa que non se teñan en conta para a avaliación da materia.