Datos Identificativos | 2014/15 | |||||||||||||
Asignatura | Técnicas de Tradución | Código | 613G03018 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Obradoiro | Nos grupos medianos e pequenos o alumnado realizará actividades diversas (prácticas guiadas e libres de tradución, individuais e en grupo, exposicións, debates, solución de problemas etc.) baixo a supervisión do profesorado. |
Proba mixta | Haberá unha proba final na data oficial en xuño. Nela avaliarase a competencia de cada estudante na tradución. |
Sesión maxistral | Comezarase cada tema cunha exposición oral dos conceptos teóricos máis relevantes e as súas posibilidades de aplicación á práctica. |
Traballos tutelados | Exercicios relacionados coa tradución, supervisados polo profesorado, individuais ou en grupo, realizados nas aulas e/ou fóra delas. |
Actividades iniciais | Na primeira sesión realizaranse varias actividades relacionadas coas linguas e coa tradución. Estas probas axudarán ao profesorado a determinar a competencia e os intereses dos estudantes en relación coa materia. |
Recensión bilbiográfica | A recensión bibliográfica supón un proceso de lectura crítica dun libro, dun artigo, dunha tese ou dunha comunicación a un congreso. Como tal proceso comprende a lectura da obra, a análise do seu contido e unha crítica e valoración en relación á literatura existente sobre o tema. Unha recensión non supón un resumo da obra, nin unha mera análise do contido, pois o que lle outorga sentido e dimensión académica científica é a crítica que merece a xuízo do autor da recensión, en relación a outras obras coñecidas do mesmo ámbito ou en relación á súa propia experiencia. |
Presentación oral | Proba oral na que o alumnado amose as súas habilidades comunicativas. |
Lecturas | Lecturas relacionadas coa tradución. |