Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados Entrega de dúas redaccións sobre distintos temas relacionados co traballo de clase. A nota para esta parte será a media de ambos os dous. Ver datas máis abaixo. 20
Proba mixta Completar distintos tipos de exercicios; discriminar usos e significados; explicar diferenzas; transformar oracións. 50
Proba oral Entrevista individual/por parellas; preguntas de comprensión; comprobación das destrezas orais do alumno: iniciativa e interacción do alumno, rexistro adecuado, amplitud de recursos lingüísticos, capacidade de comunicación. 30
 
Observacións avaliación

1. Entrega de traballos tutelados: 23-10-2014; y 27-11-2013. A entrega tardía penalizarase.
2. É necesario entregar ambos os dous traballos para poder optar a que se sumen o resto das notas na primeira oportunidade de avaliación. Controlarase a asistencia con firma en todas as clases (expositivas, interactivas e reducidas). A asistencia habitual é un indicador do interese do alumno pola materia.
 3. As datas para a entrega de tarefas e para a realización da proba oral deben respectarse; calquera incidencia que impide cumprir coas datas debe xustificarse documentalmente.
4. Proba mixta: data aprobada por Xunta de Facultade para o curso 2014-15 (primeira oportunidade ao finalizar o cuadrimestre). Esta data non é negociable. Polo tanto, os alumnos deben asegurarse de que estean presentes, sobre todo se viaxan fose nas vacacións de Nadal. Isto é válido tanto para os/as alumnos/ás da UDC como para os/as alumnos/ás Erasmus.
5. Proba oral: entre o 1 e o 19 de decembro 2014. As datas e horas exactas anunciaranse en Moodle.

6. Un 5 sobre 10 é necesario en cada apartado da avaliación para superar a materia.
7. A segunda oportunidade de xullo, segundo o calendario académico, basearase na repetición de la(s) parte(s) da avaliación que non se superaron, conservando as mesmas porcentaxes. Se a parte dos traballos tutelados non se aproba na primeira oportunidade, o alumno debe presentar dous traballos novos. As instrucións relevantes, así como as datas de entrega durante o segundo cuadrimestre publicaranse en Moodle. As devanditas datas serán necesariamente antes do comezo do período de exames de xullo.
8. A oportunidade de xullo non é para mellorar nota nas partes da avaliación xa aprobadas; soamente é para recuperar as partes non aprobadas.
9. Obterá unha cualificación
de "non presentado" aquel/a estudante que non se presente a ningunha das
dúas probas (a mixta e a oral) e que tampouco realizase os traballos
tutelados.

10. Aqueles alumnos que oficialmente fosen matriculados a
tempo parcial, e que posúan unha dispensa académica, tal e como
establece a Normativa de permanencia desta universidade, serán avaliados
en calquera oportunidade seguindo os mesmos criterios que para a
segunda oportunidade de xullo.

11. Trátase dunha materia obrigatoria do 3er
curso do grao, e polo tanto, o seu horario de clases e as esixencias en
canto a tarefas teñen preferencia fronte a calquera materia de cuarto
curso na que o/a estudante estea matriculado/a. Obviamente, a primeira
obriga debería ser asistir ás materias de terceiro e cumprir as tarefas
esixidas.