Presentación oral |
O alumno prepará e expondrá un aspecto concreto nun tempo máximo de 9-10 minutos. Cando o alumno/a, por circuntancias varias, non poda facela, sempre poderá entregar o traballo por escrito (uaprox. 8 pág., dobre espacio) antes do 15 de decembro para que a actividade compute.
1 punto sobre 10. |
10 |
Proba obxectiva |
Exame final: ensaio académico e comentario de texto sobre as obras do corpus mais unha pregunta breve sobre datos transmitidos nas lección maxistrais e seminarios (50%; é decir, 5 puntos sobre 10).
OBSERVACIÓN: a nota mínima para facer media co resto é de 2 sobre 5 (4 sobre 10) |
50 |
Sesión maxistral |
Asitencia activa. O alumno/a deberá asistir a un mínimo de 10 sesións para ser calificado con 0.5 p. Follas de firmas. Tamén será necesaria a participación activa nas clases de grupos (asistencia a 18 clases mínimo). |
5 |
Nesta materia valorarase especialmente o coñecemento da historia da literatura inglesa e a capacidade do alumno para analizar razoadamente, empregando coñecementos teóricos básicos, dous oito textos literarios ingleses do corpus.A nota media final ha de ser igual a 5 para poder aprobar a materia. Os alumnos/as deberán obter tamén un mínimo de 2 sobre 5 puntos no exame, e de 2 sobre 5 na evaluación contunua. Os alumnos/as que non fagan traballos, exposicións orais ou comentarios de texto non terán notas de evaluación continua. É necesario obter 2 puntos e terán que recuperalos na convocatoria de recuperación ou segunda oportunidade, ainda que teñan 5 de 5 puntos no exame de primeira oportunidade, algo que obviamente non é doado.A única lingua empregada en clase, os traballos e os exames será o inglés. As faltas de expresión graves (non de estilo) en lengua inglesa mermarán a nota en calquer actividade. Polo tanto recoméndase ós alumnos/as que se esmeren na redacción e a revisen. Tampouco se permitirán plaxios de fontes escritas ou dixitais nos exames ou traballos. Os alumnos deben adquirir competencia literaria propia en certa medida, ainda que é lóxico,e polo tanto perdoable, que os comentarios e interpretacións do profesor subexistan tras dita competencia.Cando o alumno/a, por circunstancias varias (enfermedade xustificada, dispensa, etc) , non poda facer a presentación oral, sempre poderá entregar un traballo por escrito antes de exame de primeira oportunidade para que a actividade compute entón.Os alumnos/as que asistan e participen durante o curso na evaluación continua non poderán ser considerados como non presentados a partir da realización dun 25 % das actividades.Os alumnos a tempo parcial con dispensa deberán falar co profesor durante as duas primeiras semanas para buscar alternativas á evaluación contínua na primeira oportunidade.A avaliación na oportunidade de xullo dividirase do xeito seguinte: 50% exame final + 50% actividades que sustituirán o traballo feito durante a avaliación contínua e que se especificarán ao publicar as notas da primeira oportunidade. Por exemplo, 4 tests similares ós feitos durante o curso deberán facerse o día do exame.
|