Metodoloxías Descrición Cualificación
Traballos tutelados Valorarase tanto os coñecementos adquiridos como a orixinalidade dos enfoques e das aportacións e a corrección da expresión escrita. 15
Presentación oral Como complemento do traballo tutelado, neste caso, ademáis dos contidos e a orixinalidade do traballo, valorarase a corrección lingüística e expositiva e o manexo de distintas ferramentas para a exposición oral. 15
Proba mixta Probas parcias ao longo do curso OU proba final que se fará na data oficial marcada pola Facultade. Será obrigatorio facer a proba final se non se superaron as probas parciais durante o curso. 50
Obradoiro Ao longo do curso recolleranse ou avaliaranse na aula exercicios, pequenas actividades ou probas relacionadas co exposto nas sesións maxistrais e traballado nos obradoiros ou en relación coas lecturas recomendadas. Poderanse facer en datas fixadas con antelación ou sen previo aviso. A participación activa nas aulas de DI ou TGR terase en conta tamén na avaliación final deste bloque (5%). 20
 
Observacións avaliación

IMPORTANTE: Para superar a
materia, a suma da proba mixta, o traballo tutelado, a presentación oral
e demáis actividades avaliables deberá ser 5
sobre 10, tendo en conta que a cualificación mínima
de cada unha das partes (actividades do obradoiro/ traballo tutelado e
exposición oral do mesmo/proba mixta) deberá ser de 4 puntos sobre 10.

Aplicarase unha penalización sobre a cualificación
final de traballos e actividades se estes son entregados fóra de prazo
sen causa xustificada. Os traballos con evidencia de plaxio serán calificados automáticamente cun 0.

Os alumnos/as que non se presenten o día das
probas obxectivas de xuño ou xullo acadarán a cualificación de NP, se
non entregaron máis do 50% de actividades durante o curso.

AVALIACIÓN
XULLO:
Os/as estudantes que non presenten o traballo tutelado,
ou que
non teñan acadado un 4 en cada un dos bloques avaliables (aínda que a
nota media sexa superior a 5) terán que ir á
oportunidade de xullo, na que cada estudante terá que demostrar ter
acadadas as competencias da materia. As instruccións e porcentaxes concretas faranse públicas despois
da publicación das cualificacións finais en xuño.

Alumnado con dispensa: O alumnado matriculado a tempo parcial e que
teña concedida unha dispensa académica, tal e como establece a Normativa desta
universidade, será avaliado en calquera das dúas oportunidades seguindo os
mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo.

Atención á
diversidade
: Existe
unha oficina (ADI) na universidade que se especializa en "atender os
membros da comunidade universitaria con necesidades especiais derivadas da
discapacidade ou doutras formas de diferenza fronte á poboación
maioritaria". O alumnado que o desexe pode falar coa profesora Ana Veleiro para
acadar máis información ou poñerse directamente en contacto coa ADI
en http://www.udc.es/cufie/uadi/. Tamén no teléfono 5622 ou na
dirección de email adi@udc.es.