Lecturas |
Para unha materia de literatura resulta esencial que cada estudante se responsabilice de ter feitas as lecturas asignadas para cada día antes de entrar na aula. Cada estudante deberá levar a cabo a lectura das fontes primarias (textos literarios), maioritariamente, e tamén, en menor medida, de fontes secundarias de extensión reducida. Só se levarán a cabo lecturas en clase cando se trate de textos breves. O calendario detallado de lectura darase a coñecer na primeira clase da materia, pero as/os estudantes poden (e deben) adquirir e ler os textos longos de obrigada lectura que aparecen no apartado de FONTES DE INFORMACIÓN. |
Análise de fontes documentais |
Este tipo de metodoloxía corresponde ao comentario ou análise textual, neste caso da narrativa ou poema que se está a estudar en cada tema, e será a metodoloxía máis utilizada nas aulas de docencia interactiva (DI), co grupo intermedio, xunto coa discusión dirixida. Algúns destes exercicios, elaborados e redactados en clase, neste caso nomeadamente nas clases co grupo grande (DE) serán recollidos pola profesora e computarán a efectos de avaliación. Nos seminarios cos grupos pequenos (TGR) se procederá a explicar os erros e dúbidas máis relevantes dos exercicios recollidos en clase. Tamén se levarán a cabo análises textuais nas probas finais, nas datas oficiais de exames (xuño e xullo). |
Discusión dirixida |
Nesta actividade, partindo dos textos e das explicacións da docente, se animará ao alumnado a participar por medio de preguntas ou temas de debate. Esta discusión dirixida pode complementar as sesións maxistrais nas clases de grupo grande (DE) ou ben a análise de fontes documentais na docencia interactiva (DI) do grupo intermedio. |
Solución de problemas |
Este tipo de metodoloxía atenderá tanto ás dúbidas que xurdan das lecturas, debates, análises e probas. Estes problemas atenderanse nas titorías de grupo reducido (TGR) ou en titorías máis individualizadas. |