Metodoloxías Descrición Cualificación
Presentación oral Teredes que facer un PROXECTO ou PRESENTACIÓN oral en grupos de entre 3 a 10 persoas. Consistirá en presentar un texto--un fragmento dunha película ou serie de TV, unha entrevista, unha escena cómica, etc--nunha variedade do inglés que se considera non estándar. Mentres se presenta, os/as estudantes non poderán ler de ningún tipo de notas. Teredes QUE GRAVAR e SUBIR o proxecto vós mesmos/as e enviarme por email o GUIÓN (tanto en formato Word como en PDF); os detalles e a data de entrega trataranse en clase. Finalmente, aprenderedes unha variedade do inglés non estándar, mentres traballades xuntos/as e, con sorte, divertídesvos un anaco. 15
Obradoiro Os talleres ou clases prácticas terán lugar no aulanet. Teredes que ler, escoitar e analizar textos en diferentes variedades do inglés. Moitos destes textos serán audiovisuales. Tamén poderiamos corrixir deberes de días anteriores. Crearei un FORO en MOODLE e os/as estudantes terán que aportar as súas análises e comentarios aí; as vosas notas nesta sección dependerán da información que poñades no foro. 15
Lecturas En cada clase teórica, á parte da LECCIÓN da profesora, haberá un DEBATE sobre a/s LECTURA/S da semana; ao comezo do cuadrimestre, deixarei unha COLECCIÓN de lecturas en reprografía. Aínda que as lecturas son maiormente sobre lingua e literatura, provereivos de información sobre a historia, cultura, xeografía e outros detalles correspondentes aos lugares onde se fala cada variedade do inglés.
A participación espontánea dos/as estudantes de valorará independentemente do tipo de participación que proba que realmente fixestes as lecturas. Así pois, a participación ESPONTÁNEA vale o 5% e a participación DERIVADA DAS LECTURAS o 15% do total desta sección.

Tedes que facer unha lectura minuciosa de cada texto, o que implica que teredes que tomar notas. Debedes vir a clase preparados/as a facer preguntas e dar a vosa opinión durante a lección e a discusión. Avaliarei a maior parte das vosas lecturas de forma oral; non obstante, se fose necesario, podería pedirvos que fixésedes un test por escrito.
20
Traballos tutelados Teredes que escribir DOUS ensaios individuais en estilo MLA (entre 500 e 750 palabras CADA UN). Unha vez que corrixa o primeiro, teredes que reescribilo e devolvermo. Se non me entregades a versión reescribida, vos darei ningunha nota. O segundo ensaio hai que entregalo só unha vez; non obstante, teredes que ter en conta as suxestións que vos fixen a primeira vez. O PRIMEIRO ENSAIO vale o 20% o SEGUNDO o 30% do total desta sección. Aínda que os temas dos ensaios son libres, a estrutura debe ser a seguinte:

-Título
-Introdución
-(Hipó)tesis
-Corpo
-Conclusión
-Obras Citadas
-Apéndice

A lista de Obras Citadas debe incluír (polo menos):
-un capítulo de libro,
-un artigo académico da base de datos JSTOR accesible dende a páx. web da nosa biblioteca

O resto das pautas serán explicadas en clase.
50
 
Observacións avaliación

-Xunto
coa asistencia a clase (ver abaixo), os talleres, as lecturas, os ensaios e o
proxecto/a presentación oral son OBRIGATORIOS. Para que poida calcular a vosa
nota final, teredes que sacar o menos un 4 nas actividades mencionadas. Para
aprobar o curso, a vosa nota final debe ser igual ou superior a 5.



-Só
permítesevos faltar a 4 clases. Faltar a 5 ou máis clases implicará suspender a
primeira oportunidade e acceder á oportunidade de xullo. Como vedes, uso un
método de avaliación continua; isto significa que necesito que veñades a clase
de forma continuada para poder poñervos unha nota.



-EXTRA:
Anímase aos/as estudantes a obter puntos extra de DÚAS maneiras: (1) FACER UNHA
PRESENTACIÓN ORAL INDIVIDUAL DE 10 MIN. EN CLASE: podedes presentar sobre
calquera variedade non estándar en calquera momento do curso; teredes que
avisarme cunha semana de antelación. (2) FACER UNHA PRESENTACIÓN EN GRUPO
ABERTA AO PÚBLICO EN DECEMBRO: esta actividade é similar a poñer en escena unha
obra de teatro nunha variedade do inglés non estándar; ofrézome a axudarvos cos
ensaios. Participar de calquera destas dúas maneiras pode supoñer ata un 10%
extra que será engadido ás vosas notas finais.

-En caso
de folga de profesores/as, se fose necesario, a profesora proverá aos/ás
estudantes con material didáctico a través de Moodle.
En caso de folga de estudantes, a profesora podería pedir aos estudantes que
realicen unha tarefa equivalente ao traballo de clase.



-Os/as
repetidores/as, que teñan incompatibilidade horaria, deben contactar comigo a
comezos do cuadrimestre. Entón, asignareilles exercicios específicos e tarefas
(e.g. presentación) que terán que realizar de acordo
cun calendario que crearei para eles/as. Se non fan as tarefas a tempo, terán
que acceder á oportunidade de xullo.



-Os/as
estudantes deben entregar as tarefas nas datas convidas. Os atrasos leves
supoñerán un desconto do 25% da nota da actividade. Os atrasos graves terán que
xustificarse de forma oficial (cun xustificante medico), se non as devanditas
tarefas non serán aceptadas.



-Un
ensaio que mostre signos de plaxio será cualificado cun 0.

-NON
haberá EXAMES nin en xaneiro nin en xullo. Os/as estudantes que accedan á
oportunidade de Xullo terán que facer o seguinte: (lecturas: 20%) recensións
críticas de moitas das lecturas de clase de 200/220 palabras, (workshop: 15%) recollida de material--e.g.
artigos, relatos, vídeo clips, cancións, etc-que estean especificamente
relacionados coas variedades do inglés estudadas en clase, dous ensaios (50%),
e unha presentación oral individual (15%). O resto de detalles e datas serán
anunciados na plataforma Moodle ao seu debido tempo.



-Tanto en xaneiro coma en xullo, os/as
estudantes que non cumpran co 50% dos requisitos serán cualificados/as como Non presentados/as.



-Aqueles/as alumnos/as que oficialmente fosen
matriculados/as a tempo parcial, e que posúan unha dispensa académica, tal e
como establece a Normativa de permanencia desta universidade, serán avaliados/as
en calquera oportunidade seguindo os mesmos criterios que para a segunda
oportunidade de xullo.