Datos Identificativos | 2014/15 | |||||||||||||
Asignatura | Variedades do Inglés | Código | 613G03042 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición | Cualificación |
Presentación oral | Teredes que facer un PROXECTO ou PRESENTACIÓN oral en grupos de entre 3 a 10 persoas. Consistirá en presentar un texto--un fragmento dunha película ou serie de TV, unha entrevista, unha escena cómica, etc--nunha variedade do inglés que se considera non estándar. Mentres se presenta, os/as estudantes non poderán ler de ningún tipo de notas. Teredes QUE GRAVAR e SUBIR o proxecto vós mesmos/as e enviarme por email o GUIÓN (tanto en formato Word como en PDF); os detalles e a data de entrega trataranse en clase. Finalmente, aprenderedes unha variedade do inglés non estándar, mentres traballades xuntos/as e, con sorte, divertídesvos un anaco. | 15 |
Obradoiro | Os talleres ou clases prácticas terán lugar no aulanet. Teredes que ler, escoitar e analizar textos en diferentes variedades do inglés. Moitos destes textos serán audiovisuales. Tamén poderiamos corrixir deberes de días anteriores. Crearei un FORO en MOODLE e os/as estudantes terán que aportar as súas análises e comentarios aí; as vosas notas nesta sección dependerán da información que poñades no foro. | 15 |
Lecturas | En cada clase teórica, á parte da LECCIÓN da profesora, haberá un DEBATE sobre a/s LECTURA/S da semana; ao comezo do cuadrimestre, deixarei unha COLECCIÓN de lecturas en reprografía. Aínda que as lecturas son maiormente sobre lingua e literatura, provereivos de información sobre a historia, cultura, xeografía e outros detalles correspondentes aos lugares onde se fala cada variedade do inglés. A participación espontánea dos/as estudantes de valorará independentemente do tipo de participación que proba que realmente fixestes as lecturas. Así pois, a participación ESPONTÁNEA vale o 5% e a participación DERIVADA DAS LECTURAS o 15% do total desta sección. Tedes que facer unha lectura minuciosa de cada texto, o que implica que teredes que tomar notas. Debedes vir a clase preparados/as a facer preguntas e dar a vosa opinión durante a lección e a discusión. Avaliarei a maior parte das vosas lecturas de forma oral; non obstante, se fose necesario, podería pedirvos que fixésedes un test por escrito. |
20 |
Traballos tutelados | Teredes que escribir DOUS ensaios individuais en estilo MLA (entre 500 e 750 palabras CADA UN). Unha vez que corrixa o primeiro, teredes que reescribilo e devolvermo. Se non me entregades a versión reescribida, vos darei ningunha nota. O segundo ensaio hai que entregalo só unha vez; non obstante, teredes que ter en conta as suxestións que vos fixen a primeira vez. O PRIMEIRO ENSAIO vale o 20% o SEGUNDO o 30% do total desta sección. Aínda que os temas dos ensaios son libres, a estrutura debe ser a seguinte: -Título -Introdución -(Hipó)tesis -Corpo -Conclusión -Obras Citadas -Apéndice A lista de Obras Citadas debe incluír (polo menos): -un capítulo de libro, -un artigo académico da base de datos JSTOR accesible dende a páx. web da nosa biblioteca O resto das pautas serán explicadas en clase. |
50 |
Observacións avaliación | ||
-Xunto -Só -EXTRA: -En caso -Os/as -Os/as -Un -NON
|