Metodoloxías Descrición Cualificación
Discusión dirixida As intervencións, orais e escritas, do/da estudante durante as sesións presenciais serán obxecto de avaliación, levando en conta especialmente os recursos comunicativos de cada alumno/a e a sua capacidade para resolver os problemas colocados. 10
Obradoiro Serán realizadas atividades de diferente tipoloxía e con variados obxectivos (léxico, gramática, fonética, ...) destinadas a aumentar a capacidade comunicativa do estudantado. 20
Presentación oral Os/as alumnos/as terán que realizar unha proba oral, orientada á demostración da súa competencia comunicativa en lingua portuguesa. 15
Proba mixta Cada estudante deberá realizar unha proba mixta de comprensión oral e escrita e de produción escrita (exercicios, elaboración de textos breves), en que se avaliarán os coñecementos adquiridos tanto nas sesións maxistrais como nos grupos intermedios e pequenos. 40
Traballos tutelados Serán avaliadas a corrección lingüística, as estratexias e procedementos expositivos utilizados, a participación ao longo dos traballos realizados nas sesións presenciais destinadas ao efecto, os conteúdos focados e os resultados do proceso ensino-aprendizaxe canto á consecución dos obxectivos procurados co "Traballo Tutelado".
Valorarase especialmente a aprendizaxe colaborativa.
15
 
Observacións avaliación

Todas
as actividades deberán ser entregadas de acordo cos prazos e os
procedementos fixados no cronograma que o profesorado fornecerá ao
alumnado no inicio das sesións e pendurará na plataforma moodle.

Para
superar a materia, a cualificación mínima da proba mixta deberá
atinxir no mínimo 40% do total atribuído neste guía a esta
metodoloxía.

O
estudantado a tempo parcial e con dispensa académica realizará ou
entregará as actividades obrigatorias nunha data concertada
previamente co profesorado. Este alumnado deberá realizar e entregar
as mesmas probas e exercicios que o restante e, se non puider asistir
ás titorías, deberá pórse en contacto co profesor a través do
correo electrónico.

Se
houver criterios específicos de avaliación para algunha das tarefas
propostas, estes serán oportunamente disponibilizados polo profesor
responsábel da materia na sala de
aulas ou a través do moodle. O docente fornecerá, igualmente, as
oportunas instrucións para o correcto desenvolvemento de cada unha
das actividades previstas.

As
persoas que non superaren a materia de acordo coa avaliación
continuada deberán entregar en xullo, nas datas marcadas aos efectos
de avaliación pola Facultade de Filoloxía, os traballos que foren
solicitados e superar tamén aquelas probas (orais e/ou escritas)
marcadas polo profesorado responsábel da materia.

Será
considerado Non Presentado aquel alumno ou alumna que non se
presentar ás probas escritas ou que non realizar os traballos
tutelados.