Datos Identificativos | 2014/15 | |||||||||||||
Asignatura | Administración de Bases de Datos | Código | 614G01050 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición | Cualificación |
Prácticas de laboratorio | A nota máxima daprobas e exercicios será de 4 puntos sobre o total de 10 da asignatura. Realizarase unha avaliación continua polo que a nota das probas deste apartado contabiliza tanto para a primeira como para a segunda oportunidade. Non se repetirán estas probas para a segunda oportunidade. |
40 |
Proba mixta | A nota máxima será de 4 puntos sobre o total de 10 da asignatura. A proba consiste nun exame que poderá tratar tanto sobre os conceptos teóricos como sobre a asimilación práctica da asignatura. Para superar a asignatura debe obterse polo menos 1,2 puntos dos 4 posibles. De non ser así, a nota total da asignatura non superará os 4,5 puntos. Esta proba mixta será a única que se repetirá na segunda oportunidade. |
40 |
Traballos tutelados | A nota máxima dos traballos será de 2 puntos. Forman parte da avaliación continua, polo que a nota deles contabiliza para as dúas oportunidades. Non se repetirán para a segunda oportunidade. |
20 |
Observacións avaliación | ||
Na primeira oportunidade terá cualificación de NON PRESENTADO aquel/a estudante que non realice a proba mixta. Na segunda oportunidade terá cualificación de NON PRESENTADO aquel/a estudante que non se presente á proba mixta. DISPENSA ACADÉMICA Aqueles estudantes con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases deberán contactar cos docentes para buscar unha alternativa á avaliación das prácticas de laboratorio, por exemplo mediante a realización dunha proba escrita na primeira oportunidade ou a entrega de traballos pola súa conta. OPORTUNIDADE ADIANTADA A avaliación na oportunidade adiantada consistirá unicamente nunha proba escrita que computará o 100% da cualificación. |