Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de fases de debate cos estudantes. Todo elo coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Realizaranse sesións maxistrais sobre gran parte dos contenidos do temario, normalmente como punto de partida para o resto de actividades previstas para cada apartado. Estes contidos, centrados na competencia A15, están apoiados por bibliografía en castelán, pero maioritariamente en inglés, contribuíndo a consecución da competencia C2. As sesións enfocaranse de xeito que se promova a adquisición das competencias transversais e nucleares da materia. |
Prácticas de laboratorio |
Actividade que permite aos estudantes aprender e afianzar os coñecementos xa adquiridos mediante a realización de sesións prácticas en computadores. Permitirán aos alumnos familiarizarse cos aspectos prácticos da materia. Esta metodoloxía permite exercitar e avaliar particularmente as competencias B1 e B3 en relación á competencia A15. O mesmo ocorre con C2 ao empregar alguna ferramenta con manuais dispoñibles só en inglés e basearse as prácticas nos conceptos apoiados pola bibliografía en inglés xa comentada. De xeito similar C4 é de aplicación xeral en todas as metodoloxías da asignatura. |
Proba obxectiva |
Actividade realizada para a avaliación do coñecemento e as capacidades adquiridas polos alumnos con esta materia. Consiste nunha proba escrita con preguntas para a avaliación individual obxectiva de cada alumno. A proba fará particular énfase nas competencias A15, B1 e B3, e indirectamente C2 por mor da bibliografía, e C4 en función dos valores e actitudes transmitidos. |