Metodoloxías Descrición Cualificación
Sesión maxistral Aasistencia ás sesións presenciais computará dentro da nota final. 10
Solución de problemas Resolución de problemas, se é posible, con software 10
Proba obxectiva Avaliación de coñecementos e comprensión dos contidos
básicos da materia, considerando as habilidades e destrezas do alumno, as súas estratexias e formulacións na resolución de problemas.
Valorarase expresamente o grao de evolución do alumno e a súa capacidade para analizar, axuizar e resolver problemas puntuais, requiríndose unha formación teóricopráctica
equilibrada.
Cada proba parcial (como mínimo dous parciais) achegará un 35% e a proba obxectiva global (nota media
de ambas) reportará un 70% do total da avaliación da materia
70
Traballos tutelados Presentación e defensa dos traballos realizados. Valorarase estrutura, pulcritude, método expositivo e orixinalidade. 10
 
Observacións avaliación

Formularase un exame final para aqueles alumnos que non participen da avaliación continua da materia ao longo do curso (o seu cumprimento requirirá un mínimo de 80% de asistencias e ter entregado un 85% dos traballos propostos ao grupo ou individualmente).Permite avaliar e comprobar os resultados esperados en canto ao contido global da materia e verificar o grao de alcance dos obxectivos propostos. O exame final global, como avaliación única, consistirá nunha proba composta de dúas partes:a) teórica (50%); b) práctica (50%); con valoración independente, nas que será necesario obter un mínimo de 3 puntos en cada unha para os efectos de media.

Competencias que
se avalían con cada metodoloxía:

- Sexión magistral: C1, C7

- Solución de problemas: A2, A9, A10, A14, A17, A18, A19, B1, B2, C3

- Traballos tutelados: A3, A8, A9, A18, A20, A24, B11, C1, C3, C7



- Proba obxectiva: A2, A3, A6, A8, A9, A10, A14, A16, A17, A18, A19, A20, A24, B1, B2,
B11, C1, C3, C7.