Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Valorarase a asistencia a prácticas e o traballo realizado polo alumno en cada unha delas. 1.5
Proba mixta Consistirá nunha proba escrita de teoría e resolución de problemas sobre os contidos da materia e na que se valora a comprensión destes e a súa aplicación á resolución de problemas.
Poderase valorar positivamente a participación do alumno nos exercicios e os traballos propostos polo profesor ao longo do curso nas sesións maxistrais e de resolución de problemas.
80
Prácticas a través de TIC Valorarase a asistencia a prácticas e o traballo realizado polo alumno en cada unha delas. 4.5
Proba de resposta breve Consistirá nunha proba escrita de resposta breve sobre os contidos explicados nas sesións prácticas, e na que se valorará non só a comprensión destes, senón a capacidade do alumno para establecer xuízos críticos e a súa habilidade para o manexo da instrumentación de laboratorio. 14
 
Observacións avaliación

A avaliación dos contidos
teórico-prácticos da materia representa o 80% da nota global. A
avaliación das prácticas de laboratorio é o 20% restante.

Para aprobar a materia esixirase:

1)
Proba mixta: Proba escrita sobre os contidos impartidos nas clases
maxistrais e de resolución de problemas: ter un mínimo de 3,8 puntos
sobre 8.

O alumno debe demostrar nesta proba un coñecemento básico de todo o contido da materia.

Opcionalmente poden entregarse traballos realizados de forma autónoma polo alumno e propostos polo profesor de teoría.

Para aprobar a materia deberá chegarse ao 4 sobre 8 na nota final dos contidos teórico-prácticos.

2) Ter un mínimo de 1 punto na suma das notas obtidas nas prácticas de laboratorio e TIC e no exame de prácticas.

Se na proba mixta non se obtivo o 3,8 mínimo, para calcular a nota final a nota de prácticas dividirase por dous.

Os criterios de avaliación considerados nos cadros A-III/1 e A-III/2 do Código STCW e as súas emendas relacionados con esta materia teranse en conta á hora de deseñar e realizar a avaliación.