Metodoloxías Descrición Cualificación
Estudo de casos Incluen as prácticas con material cuantitativo y cualitativo, así como determinadas lecturas.
A súa avaliación será conxunta coa das lecturas.
0
Lecturas Complemento das clases maxistrais de lectura obrigatoria. A realización das mesmas tamén será complementaria da actividade de estudo de casos e da presentación oral. O longo do curso, efectuárase tres probas nas que se avaliarán os coñecementos do alumno nestes aspectos. O calendario das mesmas facilitarase aos alumnos ao comezo do curso. Cada unha das probas computará dez puntos dos trinta que corresponden a este apartado. 30
Presentación oral Esta presentación correspóndese coa discusión de lecturas e dos diversos materiais gráfico-estadísticos que integran as clases prácticas. A súa avaliación será conxunta coa das lecturas e os estudos de caso. 0
Proba obxectiva Consistirá na realización dun examen escrito sobre os contidos do programa nas convocatorias oficiais (materiales teóricos, prácticas, lecturas, etc.). Para superala proba, e que ésta compute na avaliación final, haberá que obter como mínimo trinta puntos dos setenta. Valoraráse a capacidade de expresión, o manexo e o dominio do vocabulario específico, a capacidade analítica e sintética, e o coñecemento dos contidos do programa. 70
 
Observacións avaliación

A avaliación do alumno comenzará dende o primeiro día do curso en cada un dos apartados sinalados, con independencia da data de matrícula do alumno. Por iso, recoméndase a asistencia a clase dende o primeiro día aínda que o estudante éste pendente de completar o proceso de matrícula.

Para superala asignatura, o alumno debe obter como mínimo 50 puntos dos 100 totais. No caso de que o alumno realice como máximo dous estudos de caso ou duas lecturas evaluables durante o curso (máximo 20 puntos dos 100 totais) e non se presente ó exame oficial da materia, a calificación final recibida polo alumno será de "non presentado". 

Respecto da oportunidade adiantada extraordinaria, valorase da mesma maneira que a de xullo ou xaneiro (70% da nota final). Por tanto, o estudante pode superala materia na oportunidade adiantada obtendo 5 puntos dos 7 potenciais.

Está prohibido acceder á aula do exame/probas con cualquer dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenaxe de información. Asimesmo, é necesario que cada alumno que desexe realizar as probas identifique correctamente co D.N. I. ou carnet de estudiante, con foto actualizada, na aula onde se vaia realizar a proba.

Os alumnos/as deben consultar obrigatoria e frecuentemente a plataforma virtual da materia (moodle), onde os profesores colocan a información mais relevante da mesma. Ademáis, os estudantes deben subir unha foto actualizada ao seu perfil de moodle.