Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba obxectiva Haberá dúas probas presenciais obxectivas, cada unha delas representará un 20% da cualificación final (2 puntos).
As datas e horas de realización das probas serán comunicadas o primeiro día de clase.
40
Proba mixta O exame final (presencial) suporá un 60% da cualificación final (6 puntos). Nesta proba valorarase: a comprensión e asimilación dos conceptos, a utilización de razonamentos axeitados, a boa utilización da linguaxe matemática e a destreza no planeamento e resolución dos problemas.
60
 
Observacións avaliación

Cualificación de Non presentado: Outorgarase esta cualificación ao estudantado que só paraticiape en actividades de avalalición que teñan unha ponderación inferior ao 20% da cualificación final, con independencia da cualificación obtida.

Condicións de realización dos exames: Durante a realización dos exames non se poderá ter acceso a ningún disipositivo que permita a comunición con o exterior e/ou o armazenamento de información. Poderá ser denegada a entrada na aula do exame con este tipo de dispositivos. Nalgúns exames, o alumando poderá utilizar unha calculadora cientínfica non gráfica e non programábel.

Convocatoria adiantada de decembro: Para o estudantado que
se presente á convocatoria adiantada de decembro, o exame terá
unha ponderación do 60%, e a cualificación obtida na avaliación
continua do ano académico 2013/2014, terá unha ponderación do 40%.

Plataforma virtual: A materia poderase seguir utilizando a plataforma virtual do Departamento (http://moebius.udc.es), para isto a cada estudiante seralle fornecido un nome de usuario e un contrasinal persoalizados; ou de xeito alternativo, a través da plataforma Moodle da UDC (https://campusvirtual.udc.es/moodle/).

A información precisa para acceder á plataforma virtual Moebius atópase en http://moebius.udc.es.

Na devandita plataforma virtual estarán dispoñíbeis os materiais da materia: resumos dos temas, diapositivas das presentacións, exercicios propostos e resoltos,  as cualificacións das probas de avaliación, etc.