Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba obxectiva É un exame escrito que constará de dous partes: unha parte teórica e unha parte práctica de liquidación de impostos. A cualificación da proba farase sobre 10 puntos, que será o resultado da valoración conxunta das dúas partes , sendo necesario alcanzar un mínimo en cada unha delas (2,5 puntos). 70
Solución de problemas Resolución de exercicios e supostos prácticos de liquidación que deberá entregar o alumno á profesora. 30
 
Observacións avaliación

O exame escrito realizarase nas datas fixadas polo centro á finalización do primeiro cuadrimestre e no mes de xullo. Dita proba obxectiva cualificarase sobre un máximo de 10 puntos. A cualificación obtida ponderarase polo 70% para formar a cualificación global da materia.Tanto a entrega de exercicios e supostos de liquidación resoltos polo alumno como a de traballos  farase nas datas que estableza o profesor, pero sempre do período lectivo do primeiro cuadrimestre. Non se admitirán traballos fóra deste prazo, pero no caso de presentalos a súa cualificación manterase para a segunda oportunidade do mes de xullo. No mes de xullo só se realizará o exame escrito, non se admitirán a presentación do resto de probas que teñen que realizar.Tal como establece o acordo marco para a elaboración das guías docentes da Facultade de Economía e Empresa:- Cualificación de non presentado. Corresponde ao alumnado, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada.