Metodoloxías Descrición Cualificación
Presentación oral Presentacións orais realizadas durante o grupo de forma individual e en grupo. 5
Proba mixta Exame final da materia. 40
Estudo de casos Preparación dos casos de estudo, e participación e discusión en clase. 20
Portafolios do alumno Mantemento do portafolio da materia 5
Traballos tutelados Traballo en grupo: proxecto de desenvolvemento de escenarios. 30
 
Observacións avaliación

O sistema de avaliación continua -estudo de casos; traballos tutelados; presentacións orais; portafolio do alumno- e o exame final valoran resultados de aprendizaxe e competencias distintas. Por tanto, para aprobar a materia é necesario aprobar as dúas partes (avaliación continua e exame final) de forma independente. É dicir, para aprobar a materia é necesario acumular un mínimo de 3 puntos sobre 6 na avaliación continua e de 2 puntos sobre 4 no exame final. Non se terá en conta nin se gardará a nota do exame final para futuras oportunidades en caso de non superar a avaliación continua.

Os criterios de avaliación son os mesmos en todas as oportunidades de cada convocatoria. En caso de non superar a parte de avaliación continua durante o curso, será posible recuperar algúns puntos mediante traballos tutelados antes da segunda oportunidade (exame de xullo). As actividades que se poderán recuperar son as que non necesitan nin presencialidade nin seguimento continuado, é dicir, os estudos de casos sen discusión en clase (1 punto) e o traballo tutelado (3 puntos). Os estudantes a tempo parcial poderán acollerse a esta modalidade de recuperación da avaliación continua tamén para a primeira oportunidade de exame.

A efectos de cualificación, enténdese que un alumno non se presentou a esta materia se a súa participación no sistema de avaliación non lle permite obter 2 ou máis puntos sobre 10, independentemente das cualificacións obtidas.