Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta Exame escrito que incluirá cuestións teóricas e cuestións prácticas. A parte teórica terá una valoración do 30% e a parte práctica o 40%. 70
Solución de problemas Valorarase a participación do alumnado nas clases prácticas, a calidade das súas opinións e aportacións, o traballo na aula e a presentación de pequeños problemas que terá que resolver por sí mesmo/a 30
 
Observacións avaliación

A superación da materia precisará que o alumno teña sido valorado tanto na súa participación na "solución de problemas" como na "proba mixta". 

Na "proba mixta" é preciso ter acadado alomenos un punto da valoración na parte teórica e un punto na práctica para seren evaluado.

A cualificación mínima para obter un aprobado é de 5 (50%).

Cualificación de non presentado. Corresponde ao alumnado, cando só participe de actividades
de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a
cualificación final, con independencia da cualificación acadada.

Convocatoria adiantada: proba mixta cun peso do 100% sobre a cualificación: consistirá nunha proba mixta na que se incluirán cuestións teóricas1 e prácticas e na que o/a alumno/a terá que demostrar ter alcanzado as competencias e os resultados de aprendizaxe da materia.