Datos Identificativos | 2014/15 | |||||||||||||
Asignatura | Mercado de Traballo na Perspectiva Histórica | Código | 650G01038 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Actividades iniciais | Se aproveitarán estas horas para explicar a dinámica de traballo do curso |
Lecturas | A profesora propoñerá ao inicio de curso un conxunto de lecturas obrigatorias, complemento da materia explicada nas clases maxistrais, que servirá ademais para a elaboración dos traballos obrigatorios de curso |
Traballos tutelados | Os estudantes deberán realizar durante o curso un traballo individual /equipo (a organización dependerá do número de estudantes matriculados na materia). O traballo desenvolverase nas seguintes fases: 1) A profesora da materia presentará un listado de traballos o primeiro día de curso entre os que poderán elixir os estudantes ata o 30 de setembro de 2014. 2) Unha vez configurado o equipo e elixido o tema, a profesora asignaralles fontes bibliográficas e cuantativas para poder realizar este. 3) Os estudantes deberán de entregar por escrito antes do 31 de outubro de 2014 un índice do traballo e os principais obxectivos deste. Os estudantes presentarán en clase para a súa discusión esta primeira formulación do traballo 4) O traballo definitivo entregarase por escrito antes do 28 de novembro de 2014 ás 14 horas. O traballo poderá ter unha extensión máxima de 10 páxinas (letra Arial 12, interlineado 1,5, marxes 2,5) e cumprirá o formato do equipo dos TFG. |
Presentación oral | Os traballos realizados durante o curso (apartado anterior) serán presentados por todos os membros de cada equipo en horario de clase durante o mes de decembro de 2014. Con este fin utilizarase unha presentación de power point (ou outro programa similar) que recolla os obxectivos, principais puntos analizados (con apoio de datos cuantitativos) e conclusións obtidas do traballo |
Discusión dirixida | Os estudantes discutirán as presentacións dos traballos de curso realizadas polos seus compañeiros en clase. O obxectivo é abrir un debate sobre as temáticas formuladas |
Sesión maxistral | Nestas sesións a profesora impartirá as pautas clave de cada un dos puntos incluídos no temario da materia. Esta materia debe ser preparada co traballo persoal do estudante e coa axuda dos restantes instrumentos bibliográficos e cuantitativos que ofrece o curso |
Proba obxectiva | A proba obxectiva consistirá nun exame escrito onde os estudantes terán que demostrar o dominio da materia explicada en clase a través das sesións maxistrais e os traballos realizados na aula. |