Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba mixta O exame final consistirá nunha única proba escrita de carácter teórico que permita avaliar o nivel de coñecemento do alumno sobre os contidos recolleitos no programa e desenvolvidos na aula.

Esta proba poderá incluír preguntas tipo test.

Na resposta ás preguntas do bloque teórico que esixan desenvolver por escrito a resposta, valoraranse especialmente, ademais dos coñecementos, as capacidades de análises e sínteses do alumno.


A puntuación do exame final establécese sobre un máximo de 7 puntos

70
Estudo de casos Formulación de situacións específicas que expoñen un problema que ha de ser valorado e resolto polo alumno. Realizarase unha proba avaliable ao longo do curso. 10
Solución de problemas Resolución de casos prácticos concretos que esixe a aplicación dos coñecementos que previamente se traballaron na aula. Realizaranse dúas probas avaliables ao longo do curso. 20
 
Observacións avaliación

Na resposta ás preguntas do bloque teórico que esixan desenvolver por escrito a resposta, valoraranse especialmente, ademais dos coñecementos, as capacidades de análises e sínteses do alumno. Na parte práctica valorarase especialmente a capacidade de aplicar os conceptos e principios abordados na parte teórica para resolver casos prácticos. A puntuación do exame final establécese sobre un máximo de 7 puntos.

Coa realización das probas avaliables que se desenvolverán durante o curso, o alumno pode alcanzar o 30 % da cualificación final (3 ptos.).

Para superar a materia requírese unha cualificación final de cinco puntos (computada a suma da avaliación continua e o exame final). 

Cualificación de non presentado: Obterán a cualificación de non presentado aqueles alumnos que non se presenten ao exame final (proba mixta) e que ademais non participasen na avaliación continua realizada ao longo do curso en porcentaxe superior ao 80 %.

A avaliación da convocaoaria de xullo realizarase cos mesmos criterios.