Competencias de materia (Resultados de aprendizaxe) Competencias da titulación
Analizar as bases teóricas, conceptuais e legais da orientación profesional e valorar as súas implicacións para a intervención. AP6
Caracterizar o desenvolvemento institucional da orientación profesional e analizar a súa situación actual AP6
Analizar as funcións sociopolíticas da orientación profesional e reflexionar sobre as posibilidades e características dunha orientación profesional para o cambio que incida nunha práctica non discriminatoria AP7
Planificar e avaliar intervencións aplicables a diferentes contextos e destinatarios AP1
AP3
BM4
Coñecer os distintos ámbitos de aplicación das TICs na orientación profesional e saber utilizalas CM3
CM6
Comprender a necesidade de incorporar o enfoque de xénero e deseñar propostas de orientación profesional que integren a dimensión de xénero. AP7
AP12
Adquirir unha actitude crítica e transformadora ante as problemáticas da orientación profesional CM4
Identificar as principais liñas de investigación en orientación profesional e deseñar unha pesquisa neste ámbito AP13
CM8