Metodoloxías Descrición Cualificación
Portafolios do alumno Documento de elaboración individual no que se recolle e reflexiona sobre as aprendizaxes adquiridas e sobre o proceso mesmo de aprendizaxe 50
Traballos tutelados Deseño dunha proposta de orientación profesional que integre o enfoque de xénero
Bosquexo dunha pesquisa nunha das liñas de investigación
50
 
Observacións avaliación

Para cualificar as actividades grupais tense en conta a
autoavaliación e coavaliación realizada entre e polas persoas do grupo de traballo.  O procedemento e criterios para estas modalidades de avaliación seran
fixados en colaboración co alumnado.

Aquelas persoas que, por razóns debidamente
acreditadas non podan ter unha asistencia regular
, poden
acollerse a unha modalidade de avaliación específica. Para optar a mesma cómpre establecer coa docente as actividades de avaliación
e o  proceso de supervisión e seguimento.