Metodoloxías Descrición Cualificación
Presentación oral Exposicións de tarefas realizadas tanto de xeito individual como colectivo, diante do grupo de referencia, procurando tirar algunhas conclusións sobre o problema de investigación, documento ou experiencia abordada. 10
Seminario Técnica de traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema. Caracterízase pola discusión, a participación, a elaboración de documentos e as conclusións ás que teñen que chegar todas as persoas participantes no seminario.
Esixe un traballo previo individual e autónomo sobre os documentos, así como a asistencia e participación na aula, formulando preguntas, explorando contradicións, achegando argumentos... co obxectivo de favorecer a reflexión crítica e a comprensión.
Valorarase o grao de participación, a calidade das achegas, a capacidade de crítica e reflexión.
20
Proba de ensaio Implica un estudo amplo e profundo das cuestións clave abardadas na materia, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións. Valoraranse as capacidades de razoamento (argumentación, sinerxías...), síntese, creatividade e orixinalidade, espírito crítico, precisión conceptual e calidade da redacción, empregando unha linguaxe propia do contexto disciplinar. 70
 
Observacións avaliación