Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio Terase en conta a participación, o interese mostrado, a realización razoada das tarefas, ...
10
Prácticas a través de TIC Valorarase o material realizado polos estudantes, a destreza e a orixinalidade na súa realización, a pertinencia e o interese dos contidos. 30
Traballos tutelados Valorarase o grado de consecución de cada un dos traballos propostos que deben cumprir as directrices expostas de cada un deles.
20
Proba mixta Exame: valorarase a argumentación e o rigor da resposta en cada unha das probas realizadas.
30
Presentación oral Valorarase a claridade e a habilidade para presentar a información, a comunicación de resultados e as conclusións. 10
 
Observacións avaliación
A avaliación é orientativa, pode modificarse ó longo do curso escolar e pode depender da asistencia e participación na aula.

As faltas de ortografía nos traballos, nos materiais presentados e no exame reducirán a puntuación final.

A asistencia considerarase obrigatoria. Todo estudante cunha asistencia inferior ó 80% das horas presenciais será avaliado de xeito diferente.