Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais As fontes documentais bibliográficas e webgráficas van servir para a profundización nas temáticas expostas nas sesións maxístrais e para a realización dos estudos de casos e do glosario. As webs instititucionais son unha parte importante das fontes documentais que se van utilizar.
Portafolios do alumno Consiste nun informe sobre as aprendizaxes adquiridas e a súa vinculación coa función docente e orientadora do profesorado da especialidade de FOL.
Estudo de casos Vanse realizar dous estudos de caso. Un consiste na elaboración de un itinerario formativo. O outro na integración da pesrspectiva de xenero na formación profesional.
Sesión maxistral Na sesión maxistral expóñense dunha maneira sintética e con distinto nivel de profundidade os contidos que se abordan na materia.
Proba de ensaio Consiste nunha análise e reflexión sobre as aportacións da materia para a adquisición das competencias docentes e orientadoras do profesorado de FOL.
Glosario Recompilación e explicación da terminoloxía específica relativa á Formación Profesional e ó Mercado laboral
Presentación oral Proba para desenvolver a competencia de falar en público e a capacidade de organización e síntese da información.