Datos Identificativos | 2014/15 | |||||||||||||
Asignatura | Bases epistemolóxicas para o ensino das linguas e literaturas galega e castelá | Código | 652608821 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 4 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | A xeito de introducións ou visións esquemáticas e sintéticas dirixidas ao conxunto da aula, desenvolveranse unhas sesións nas que o profersor exporá o método expositivo. |
Lecturas | Formando parte do seu traballo autónomo, o alumno debe ler algúns textos que o profesor lle facilitará, especialmnete para a confección do traballo tutelado, mais tamén para algunhas actividades que se desenvolverán ao longos das distintas sesións. |
Aprendizaxe colaborativa | Co obxectivo de fomentar o traballo en equipo, os alumnos fomarán pequenos grupos de traballo e realizarán diversas tarefas colectivas. |
Discusión dirixida | Realizarase sobre algunha das tarefas ou actividades desenvolvidas na aprendizaxe colaborativa e dos materiais empregados para levala a término: estes serán a base da discusión. |
Estudo de casos | Os alumnos elaborarán, por escrito, comentarios que deben entregar ao profesor coa finalidade de proceder á súa revisión. |
Mesa redonda | Coa fin de que se familiaricen coa intervención en público e en grupo realizarase unha mesa redonda que teña como tema o fundamento da materia. |
Prácticas a través de TIC | Coa finalidade de que o alumno se familiarice coas novas tecnoloxías e as poidan empregar no seu traballo de curso, recorrerase ás TIC. |
Recensión bilbiográfica | O profesor procederá a comentar a bibliografía, á fin de que o alumno poida centarse sobre aqueles libros que considere máis achegados ás súas liñas de interese e poida, á súa vez, abrirse a outras informacións escritas. |
Traballos tutelados | Durante o curso, o alumno debe elaborar un traballo sobre algún aspecto que verse sobre a epistemoloxía das linguas e das literaturas. |