Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral A modo de introducións ou visións sintéticas dirixidas a todo o grupo, ofreceranse algunhas sesións en que o profesor se valerá do método expositivo
Lecturas O alumno, como parte do seu traballo autónomo, debe ler algúns textos facilitados polo profesor, sobre todo para a realización do traballo tutelado, mais tamén para o seguimento dalgunhas das actividades propostas (neste caso, a lectura farase con anterioridade á actividade)
Análise de fontes documentais Analizarase en grupo documentos de moi diverso teor atinentes ás metodoloxías para o ensino das linguas e literaturas (legais, fontes de información, ferramentas, libros de texto etc.)
Prácticas a través de TIC O alumnado traballá nun espazo de traballo colaborativo en liña, onde se celebrarán as discusións dirixidas asíncronas, estará disponibilizado un glosario e unha parte das lecturas.
Discusión dirixida Unha das actividades desta materia consiste na participación asíncrona de todos e todas nun debate dirixido sobre certos temas propostos polo docente.
O obxectivo destas discusións é o intercambio de opinións creativas maduradas a partir da lectura da bibliografía recomendada para cada sesión.
Tan importante como deixaren constancia da propia opinión será leren e dialogaren coas opinións dos compañeiros.
Proba de ensaio O alumno deberá realizar dúas probas escritas, unha de lingua e literatura españolas e outra de lingua e literatura galegas.