Datos Identificativos | 2014/15 | |||||||||||||
Asignatura | Deseño, desenvolvemento e avaliación do currículo | Código | 652G01002 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | Os traballos tutelados realizados polos diferentes grupos de alumnos/as serán avaliados a partir dos seguintes criterios: -A profundidade do contido. -O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar. -A utilización de fontes documentais complementarias e actuais. -A presentación e a claridade da exposición. Trátase dun traballo fundamentalmente grupal, pero na parte da exposición oral pode facerse unha avaliación máis individualizada a través das preguntas que se realicen a cada membro do grupo. De ser o caso, esta avaliación individualizada non representará nunca máis dun 10% da cualificación que lle corresponde a esta metodoloxía de avaliación. |
40 |
Proba mixta | A proba mixta, de carácter individual, consistirá no desenvolvemento de varias cuestións e/ou casos obxecto de análise. As preguntas que se formulen aludirán tanto aos contidos teóricos da materia coma aos contidos prácticucos, e pódense expresar en forma de pregunta corta, tipo test ou desenvolvemento e/ou análise dun caso practico. |
60 |
Observacións avaliación | ||
Según a participación do alumnado na materia a avaliación contempla dúas opción:
a)Opción A. Ao alumnado que asiste/participa nas actividades de clase (maior ou igual ao 85% das sesións presenciais), corresponderalle a modalidade de avaliación arriba exposta b)Opción B. O alumnado que non asiste/participa, por razóns debidamente acreditadas,as actividades de clase (menor ao 85% das sesións presenciais): ademais dos traballos que en cada caso particular se especifiquen, realizará a proba mixta con carácter obrigatorio o final do cuadrimestre na data sinalada oficialmente. Esta proba terá un valor do 80% do total da nota final Os alumnos/as repetidores da materia obrigatoriamente deberán poñerse en contacto coa profesora que lles indicará, segundo os casos, a relación de traballos que terán que realizar de maneira individual. En calquera casorealiarán a proba mixta con carácter obrigatorio ao final do cuatrimestre, na data sinalada oficialmente, e que suporá o 50% da nota final (se veñen da modalidade A) e o 80% da nota final (se veñen da modalidade B). A porcentaxe restante da nota corresponderá aos traballos que en cada caso sexan asignados expresamente ao alumno/a. Calquera circunstancia persoal que poida alteirar o seguimento da materia por parte do alumnado deberá ser comunicada de inmediato para a súa oportuna e axeitada consideración e mesmo para tomar as medidas a que houbera lugar en cada caso. |