Datos Identificativos | 2014/15 | |||||||||||||
Asignatura | Organización e Avaliación de Institucións Educativas | Código | 652G01012 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | -------------------------------------------------- O traballo grupal terá como prazo de entrega o día do exame final. Para avaliar o traballo escrito teranse en conta os aspectos a seguir: • Estrutura: presentación, organización do contido, claridade expositiva, e corrección gramatical (30%). • Contido: comprensión das ideas básicas, dominio conceptual, uso dos contidos traballados ao longo do cuadrimestre, relacións entre eles (capacidade analítica e de síntese), creatividade e innovación nas propostas, calidade da participación na preparación desta actividade, e grao de fundamentación das fontes (referencias bibliográficas e bibliografía final) (70%). ------------------------------------------------- |
30 |
Proba mixta | ------------------------------------------------- Na proba mixta especificarase o peso de cada pregunta. Nas preguntas de resposta breve teranse en conta a pertinencia e precisión da resposta, a claridade conceptual, e a corrección gramatical. Nas preguntas de desenvolvemento teranse en conta a pertinencia e organización do contido, o dominio conceptual, a conexión entre ideas, a claridade expositiva, e a corrección gramatical. ------------------------------------------------- |
50 |
Presentación oral | -------------------------------------------------- Na presentación participarán todos os membros do grupo. Todas as presentacións terán lugar durante a semana anterior ao período festivo de Decembro-Xaneiro. Valoraranse os aspectos a seguir: • Calidade da participación na preparación desta actividade. • Relevancia e organización dos contidos expostos. • Coordenación da exposición (que reflicta un traballo colaborativo, non unha suma de partes). • Nivel de comprensión dos contidos básicos. • Capacidade analítica e de síntese. • Claridade expositiva. • Creatividade e innovación nas propostas. --------------------------------------------------- |
20 |
Observacións avaliación | ||
Para aprobar a materia será necesario acadar, como mínimo, unha puntuación de 5 (de 10) e asistir a clase en polo menos un 80% do horario completo. Para que o traballo tutelado e a proba mixta entren no cómputo final, será necesario obter polo menos un 4 tanto no traballo como no exame final. Quen non cumpre coa mínima puntuación nalgunha destas dúas actividades de avaliación (traballo e/ou exame) terá que presentarse tamén ao exame de Xullo (á segunda oportunidade) para superar a materia. Neste caso, o exame de Xullo terá a mesma porcentaxe de peso que tivo a actividade previamente suspendida. Quen non asiste coa debida regularidade terá que poñerse en contacto coa profesora e, para superar a materia, realizará o exame final, que lle valerá o 100% da cualificación final. Excepcionalmente, a profesora poderá permitir que a/o estudante en cuestión participe dalgún modo nas outras actividades de avaliación. En tal caso, ponderará o valor do exame final en función do grao e da calidade de participación nas demais actividades da materia. |