Metodoloxías Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC Valorarase o material empregado, as destrezas e orixinalidade na súa realización, a pertinencia e o interés dos contidos. 10
Investigación (Proxecto de investigación) Terase en conta a dificultade do tema elexido, a metodoloxía seguida no seu desenvolvemento, a exposición dos resultados e a argumentación das conclusións, entre outras cousas. 30
Prácticas de laboratorio Contará a participación, interés, esforzo, actitude... 30
Presentación oral Valorarase a claridade, habilidade para presentar a información e a comunicación de resultados e conclusións. 10
Proba mixta Contará a argumentación realizada en cada unha das probas realizadas. 20
 
Observacións avaliación
Segundo a participación do alumnado na materia, hai dúas opcións para facer a avaliación:
Opción A. Avaliación Continua. Para o alumnado que segue o sistema ECTS, aquel que regularmente asiste/participa nas actividades de clase. Neste caso o sistema de avaliación será o descrito anteriormente a través das actividades;de investigación, proba de ensaio, prácticas de laboratorio, …. Por tanto será obrigatoria a asistencia ás clases (como mínimo o 85% das horas presenciais,;en caso contrario deberase optar pola modalidade B). É obrigatorio sacar un 4 no exame como nota mínima .
Opción B. Avaliación final. Para aquel alumnado que non asista ao 85% das horas presenciais, a nota final virá determinada por unha proba final escrita teórico-práctica . A data para esta proba será fixada polo Centro.

Farase especial fincapé no coidado do medio ambiente.