Metodoloxías Descrición Cualificación
Proba obxectiva Ao tratarse dunha materia flexible que se vai construíndo segundo os centros de interese do alumnado guiado pola profesora, e de marcado carácter experimental, esta proba é un exercicio simple a modo de resumo individual da actividade desenvolvida por cada alumna/o.

10
Obradoiro O deseño, planificación e desenvolvemento dos obradoiros requiren unha participación activa do alumnado.
Valorarase a actitude, dedicación, implicación e creatividade.
30
Saídas de campo A asistencia será obrigatoria e puntuará a participación activa, así como nas tarefas previas e posteriores ás mesmas. 30
Aprendizaxe colaborativa Ao longo do curso realizaranse actividades e traballos que serán avaliados como grupo e individualmente. 20
Eventos científicos e/ou divulgativos A asistencia será obrigatoria e as alumnas e alumnos realizarán comentarios escritos acerca das actividades. 10
 
Observacións avaliación

Na avaliación terase en conta a actitude, interese, participación, e dedicación á materia.