Metodoloxías Descrición Cualificación
Aprendizaxe colaborativa Valorarase a participación nas tarefas realizadas na aula e a elaboración de material que trate a análise e interpretación das situacións obxecto de estudo. Ademais tamén se valorará a asistencia, o interese, o razoamento, a actitude positiva... A súa realización é obrigatoria e para superala cómpre chegar ao 50% da calificación indicada. 20
Presentación oral Valorarase a exposición oral realizada con axuda das TIC dos traballos titelados elaborados. Ademais, tamén se valorará a claridade na exposición, linguaxe correcta, dominio da materia… A súa realización é obrigatoria e para superala cómpre acadar o 50% da calificación indicada. 10
Proba mixta Valoraranse os resultados obtidos nunha proba escrita sobre o marco teórico da asignatura. A súa realización é obrigatoria e para superala cómpre acadar o 50% da calificación indicada. 40
Traballos tutelados Valorarase a adquisición de habilidades e destrezas asociadas a este tipo de metodoloxía que pretende promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes a nivel individual. A súa realización é obrigatoria e para superala cómpre acadar o 50% da calificación indicada. 30
 
Observacións avaliación

Nota. O alumnado asistente será aquel que acude ao 80% ou máis das sesións. O alumnado non asistente para superar a materia terá que realizar:

1. Os traballos titelados, baixo a supervisión do profesor nas titorías que se consideren oportunas (40% da nota).


2. A proba mixta (exame) sobre o marco teórico da asignatura (60% da nota).


A realización deste dous aspectos (traballos e exame) é obrigatoria e para superalos cómpre acadar o 50% da calificación indicada en cada un.