Datos Identificativos | 2014/15 | |||||||||||||
Asignatura | Psicoloxía da aprendizaxe en contextos educativos | Código | 652G02007 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición | Cualificación |
Investigación (Proxecto de investigación) | GRUPO B. Trátase de estudar algunhas das variábeis ou factores da aprendizaxe escolar e elaborar un informe/artigos en base a busca e análise de documentación científica e datos. Este traballos faranse en grupo. |
40 |
Traballos tutelados | GRUPOS A e B. Traballo individual e en grupo que consiste na realización de actividades a facer na aula e fóra dela para cada un dos temas. Estas actividades colaborativas serán basicamente de orientación-execución ou demostración-práctica. Este portafolios que integra as metodoloxías de aprendizaxe cooperativo, traballos tutelados, estudo de casos, presentación oral, glosario análise de fontes documentais... será o material que se contemple na avaliación |
20 |
Proba mixta | GRUPO A. Ao finalizar o cuadrimestre na data oficial, farase unha proba de ensaio para verificar o grao de adquisición das competencias do "saber" e "saber facer".. GRUPO B. Farase unha proba escrita para avaliar os coñecementos teóricos da materia. A proba consistirá en 30 preguntas con tres posibles respostas das cales só unha é a correcta, as preguntas incorrectas restan a razón de cada dúas mal anulan unha ben. |
0 |
Observacións avaliación | ||
GRUPO A:1ª CONVOCATORIA. Dependendoda asistencia continuada ou non as clases, hai dúas modalidades de seguir amateria de “Psicoloxía da Aprendizaxe en Contextos Educativos” que determinandous modos diferentes de avaliación: Modalidade A: Avaliación Continua e ModalidadeB de Avaliación Final;
Esta avaliación levarase a cabo a partir: a/ Da exposición oral e presentación escrita das actividades b/ Para A cualificación final será a suma das puntuacións obtidas • Modalidade B :Avaliación Final. Para aquel alumnado que non asista ao 85% das horas presenciais,a nota final virá determinada por unha proba final escrita dos contidosteórico-prácticos da materia. A data para esta proba será a fixada polo Centro. GRUPO B:Teranse en conta dúas opcións en función da asistencia e participación do alumnado nas clases presenciais. Opción A. ALUMNADO QUE ASISTE E PARTICIPA NA CLASE (>85%):
Todas as prácticas e o exame serán puntuados nunha escala de 0 a 10 e logo aplicado a correspondente porcentaxe para a obtención da nota final. A cualificación final será a suma da cualificación dos coñecementos teóricos e dos prácticos, esta suma só se realizará cando en cada unha das dúas partes (práctica e teórica) se obteña o 50% da puntuación posible. Opción B. ALUMNADO QUE NON ASISTE E PARTICIPA NA CLASE (< 85%) Só se poderán acoller a esta modalidade o alumnado: * Que en aplicación da "Normaque regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na Universidade da Coruña" (aprobada en Consello de Goberno de 29 de maio de 2012), se lle recoñecera a condición de estudante a tempo parcial e solicitara ao Decano/a a correspondente dispensa académica quedarán eximidos da obrigatoriedade de asistencia as sesións interactivas. * Así como o alumnado de Continuación de estudos na materia (repetidores). pasando a súa avaliación a ser:
Todas as prácticas e o exame serán puntuados nunha escala de 0 a 10 e logo aplicado a correspondente porcentaxe para a obtención da nota final. A cualificación final será a suma da cualificación dos coñecementos teóricos e dos prácticos, esta suma só se realizará cando en cada unha das tres partes se obteña o 50% da puntuación posible. NOTAS Grupo B. 1. En caso de suspender algunha das dúas partes (teórica ou práctica) a cualificación final da materia nas actas será de 3. 2. A cualificación de No Presentado darase a aquel alumnado que non participa de ningunha das metodoloxías de avaliación descritas. 3. No caso de ter aprobada só unha das partes (teoría ou práctica), esta manterase aprobada noutras convocatorias (máximo 4 cursos académicos, mentres o responsable da materia sexa Juan Carlos Brenlla Blanco). |