Metodoloxías Descrición Cualificación
Obradoiro Dado que se trata dunha práctica en grupo, na súa avaliación terase en consideración a capacidade de traballo en equipo e de comunicación das propias ideas mediante a creación dun ambiente propicio, así como capacidade para integrarse nun proxecto común destinado á obtención de resultados.
Será necesario ter un mínimo de 10 prácticas correctamente realizadas para superar este apartado, polo que implica a obrigatoriedade da asistencia a clase por parte do alumnado.
20
Traballos tutelados Realización dunha proposta didáctica que, fundamentada na revisión e análise de documentos, bases de datos, páxinas web, etc., terá dúas partes: a presentación dunha coreografía e a elaboración de elementos didácticos con material manipulable. Teranse en conta os seguintes aspectos:
1. Orixinalidade.
2. Creatividade.
3. Utilidade práctica e viabilidade.
4. Coherencia cos obxectivos e contidos da materia
15
Investigación (Proxecto de investigación) Presentación e defensa oral dun traballo de investigación sobre un tema relacionado coa materia no que se valorarán os seguintes aspectos:
1. Profundidade dos contidos.
2. Emprego da linguaxe apropiada.
3. Uso axeitado das fontes documentais.
4. Seguridade e claridade na exposición oral.
15
Sesión maxistral Realizarase unha ou varias probas escritas que integrarán diferentes formatos:
1. Probas de resposta breve.
2. Preguntas tipo test.
3. Preguntas abertas.
4. Exercicios prácticos.
25
Proba mixta Realizaranse as seguintes probas prácticas:
1. Escritura e lectura musical.
2. Entoación vocal a capella.
3. Interpretación con frauta doce.
25
 
Observacións avaliación

Para aprobar a asignatura cómpre
superar cada un dos anteriores apartados e obter unha nota mínima de 5 sobre 10
en cada un dos exames da proba mixta. No alumnado que, de xeito debidamente
xustificado non poda realizar as prácticas instrumentais, deberá realizar unha
proba dos contidos traballados na aula. Debido a que parte desta materia
consiste na interpretación instrumental e vogal en grupo,  o alumno que reúna os requisitos para considerarse
non presencial deberá acudir á proba acompañado como mínimo de catro
persoas.  No caso de no ser posible isto,
presentará o acompañamento das pezas do programa en calquera formato dixital
dos que se contemplan nos contidos da materia.

Como consideración xeral, terase especialmente en
conta, tanto nos exames como nos traballos, as deficiencias ortográficas, de
puntuación e acentuación, así como unha redacción inconexa ou inadecuada,
deficiente presentación, excesivo número de riscaduras, etc. Todo elo suporá
redución de puntos da nota obtida.

Farase especial fincapé no coidado do medio ambiente en prol dunha educación e sociedade sostenible. Atendendo a isto, sempre que sexa posible, na elaboración dos traballos empregarase materiais reciclables e evitarase o uso de productos plásticos na entrega dos mesmos.