Datos Identificativos | 2014/15 | |||||||||||||
Asignatura | Valores e educación para a igualdade | Código | 652G02042 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición | Cualificación |
Análise de fontes documentais | Basease na utilización de documentos e fontes relevantes para a súa análise e posterior utilización para explicar a natureza dos distintos contidos e aspectos da materia. | 10 |
Traballos tutelados | Trátase de facer un traballo de iniciación á investigación. Esixe por parte do alumnado un grao de responsabilidade consonte cos obxectivos e a calidade que debe presidir este tipo de traballo. No seu momento facilitaránse unhas pautas que permitirán a elaboración do mesmo, que se complementará cun seguimento titorial individualizado. | 30 |
Lecturas | Establécense unha serie de lecturas obrigatorias dun conxunto de textos e documentación relacionadas coa materia que o alumnado terá que ler, discutir en grupo e finalmente recensionar de xeito persoal axustándose a un formato coñecido previamente consensuado. | 20 |
Sesión maxistral | Exposición oral dos temas que constituen os contidos da materia diante do alumnado. Esta exposición irá precedida dunha presentación na que se propoñen algunhas preguntas aos estudiantes para motivar a reflexión e o diálogo aberto. A obxectivo final pasa pola transmisión de coñecementos e ao tempo facilitar a súa aprendizaxe. |
10 |
Recensión bilbiográfica | Proceso de lectura crítica dun libro, artículo ou calquera outro documento escrito. Comprende ademais da lectura da obra en cuestión, a análise do seu contido, unha crítica e mesmo unha valoración en relación con outros documentos de igual ou parecida natureza. | 20 |
Presentación oral | Exposicións de traballos realizados, inidividuais ou colectivos, diante do grupo de referencia, procurando tirar conclusións sobre a problemática investigada, documento ou experiencia abordada. | 10 |
Observacións avaliación | ||
-A asistencia as sesións de clase é imprescindible e será obxecto de avaliación e control. A presencialidade ben determinada por unha asistencia mínima do 80% do total das sesións. -Gardaranse as partes superadas da materia de unha convocatoria a outra dentro do mesmo curso académico -É obrigatorio pasar pola titoría mentres se estea no proceso de elaboración dos traballos tutelados. -Calquera circunstancia persoal que poida alteirar o seguimento da materia por parte do alumnado deberá ser comunicada de inmediato para a súa oportuna e axeitada consideración e mesmo para tomar as medidas a que houbera lugar en cada caso. -Para aqueles alumnos/as que como casos excepcionais non poidan asistir regularmente ás sesións de clase, ademais dos traballos que en cada caso particular se especifiquen, establecerase unha proba de ensaio con carácter obrigatorio o final do cuatrimestre na data sinalada oficialmente. Esta proba terá un valor do 50% do total da nota final. |